2.3.2 Clases de palabras: o substantivo e o adxectivo (aspectos teóricos)
Os substantivos e os adxectivos son palabras variables, que aceptan flexión (variacións) de xénero e número.
2.11.1. O substantivo
É unha clase de palabras que serve para designar persoas, obxectos, seres, sentimentos... Os substantivos marcan o xénero e número ao que pertencen.
Xénero
O xénero dos substantivos pode ser masculino e/ou feminino. Os substantivos masculinos non levan ningún morfema adicional nin necesitan modificar a súa forma orixinal para formar ou indicarnos que pertencen a tal xénero. En vez diso, moitas veces levan un artigo que os precede e que nos indica a que xénero pertencen. Exemplos: o lapis, o piñeiro, río, o sol, profesor, mestre... De aí que a este xénero se coñeza como o xénero non marcado.
Os substantivos femininos adoitan levar un morfema que indica que pertencen a ese determinado xénero. Temos varios casos:
-
De substitución ou adición do morfema –a: é o caso máis común. Exemplos: mestra (substitúese unha parte da forma orixinal: mestre), profesora (engádese un morfema –a á forma orixinal: profesor)...
-
Substantivos rematados en –n.
-
Os substantivos rematados en –án forman o feminino en –á. Exemplos: ancián/anciá; irmán/irmá; capitán/capitá; gardián/gardiá.
-
Os substantivos rematados en –ón forman o feminino rematado en –oa. Exemplos: león/leoa; patrón/patroa...
-
Os substantivos rematados en –ín forman o feminino en –ina. Exemplos: bailarín/bailarina; danzarín/danzarina...
-
Substantivos rematados en –es. Os xentilicios que acaban en –és presentan un feminino en –esa: cambadés/cambadesa, burgués/burguesa...
-
Formacións especiais. Terminacións especiais para formar o feminino: heroe/heroína; príncipe/princesa; profeta/profetisa, emperador/emperatriz, barón/baronesa, actor/actriz...
-
Son sempre femininas: a acedume, a aldraxe, a análise, a árbore, a paréntese, a armazón, a arte, a augardente, a aula, a ave, avestruz, a calor, a canle/a cal, a cor, a curtametraxe, a desorde/a orde, a dor, a dose, a eclipse, a fame, a fraude, a fronte, a paisaxe, a quilometraxe, a orixe, a ponte, a servidume, a SIDA, a síndrome, a suor, a vertixe, a viaxe.
-
Son sempre masculinas: o be (e todos os nomes das letras), o berce, o cal (óxido de calcio), o cárcere, o costume, o couce, o cume, o cuspe, o dote, o fantasma, o fume, o garaxe, o labor, o leite, o legume, o masacre, o mel, o milagre, o nariz, o paxe, o personaxe, o pesadume, o sal, o sangue, o sinal, o traxe.
Número
O número dos substantivos pode ser singular e plural (as regras que veñen a continuación son válidas tamén para os adxectivos).
As formas en singular nomean a unha soa persoa, animal ou cousa e non levan modificado ou engadido ningún morfema para indicar que van en singular. Exemplos: neno, rapaza, home, persoa...
As formas en plural nomean a máis dunha persoa, animal ou cousa. A formación de plural de substantivo require a adición dunha serie de morfemas, segundo os casos.
-
Palabras rematadas en vogal ou en ditongo: as palabras rematadas en vogal, tónica ou átona, ou en ditongo forman o plural engadindo –s: mesa/ mesas, irmá/irmás, lei/leis...
-
Palabras rematadas en –r ou –z: engaden o morfema –es sobre o singular: mar/mares, luz/luces...
-
Palabras rematadas en –s e –x:
-
As palabras agudas rematadas en –s forman o plural engadindo –es: deus/deuses, compás/compases, excepción feita das que rematan en grupo consonántico (incluídas as rematas en –x) que permanecen invariables: luns, unisex...
-
As graves e esdrúxulas acabadas en –s ou –x son invariables e presentan, xa que logo, a mesma forma no singular e no plural: choromicas, lapis, martes, clímax...
-
As palabras rematadas en –n engaden –s: can/cans, lambón/lambóns...
-
Palabras rematadas en –l:
-
Os monosílabos rematados en –l engaden o morfema –es: cal/cales/gol/goles...
-
Nas palabras agudas de máis dunha sílaba, o l do singular substitúese polo morfema –is: animal/animais, civil/civís/cadril/cadrís...
-
As palabras compostas en que o segundo elemento é algún dos monosílabos que rematan en –l, o plural faise engadindo –les: ollomol/ollomoles, chuchamel/chuchameles...
-
As palabras graves rematadas en –l forman o plural engadindo o morfema –es: áxil/áxiles, difícil/difíciles...
2.11.2. O adxectivo
O adxectivo é unha clase de palabra variable que expresa propiedades ou características dos substantivos. Os adxectivos concordan en xénero e númerocos substantivos aos que acompañan. Exemplos: A nena loura; o rapaz alto...
Hai algúns adxectivos que non varían de xénero. Exemplos: A casa grande/ O cuarto grande; A pera doce/O figo doce...
Actividades propostas
S10. Escriba o feminino das seguintes palabras (pode recorrer ao dicionario se o necesita):
louzán, testemuños, antigos, dous, coñecidos, home, heroe, rei, artesán, lacazán
, , , , , , , , , .
S11. Escriba o plural das seguintes palabras:
vida, persoa, muller, vez, razoábel, carácter, mel, lambón, deus, control, sol, luns, fácil, álbum
, , , , , , , , , , , , , .
S12. Poña o artigo correspondente a cada unha das seguintes palabras:
testemuña, sangue, a árborea, ponte, orde, lume, parálise, cárcere, labor, arte, irmá, suor, paisaxe, leite, mel, auga, dor.
S13. Traduza ao galego as seguintes oracións:
-
La leche estaba fría y le eché la miel para endulzarla; al final quedó con un color raro.
-
Me da en la nariz que la iglesia que está después del puente es de arte gótico.
-
En la boda del hermano del abogado adornaron la iglesia con unos girasoles especiales.
-
Aquella no es una labor difícil pero lleva mucho tiempo.
-
Me gustan mucho los colores de tu camiseta.
-
Esto se hace porque tenemos la costumbre de hacerlo.
-
En este paisaje vemos muchos árboles frutales.
Actividade proposta
S14. Reescriba o seguinte texto pondo en singular os substantivos e adxectivos que estean en plural, e viceversa. Poña atención, xa que para que o texto garde sentido deberá tamén cambiar o número dos verbos e demais clases de palabras.
Este honesto home confiou o seu proxecto aos amigos, e véndoo aprobado por eles, pregoulles moi encarecidamente informarse entre os seus coñecidos sobre unha persoa de trinta a trinta e cinco anos, viúva ou solteira e que puidese cumprir o seu obxectivo.
Actividade proposta
S15. Reescriba o seguinte fragmento pondo en feminino os substantivos e adxectivos que estean en masculino, e viceversa, sempre que o permitan. Para que o texto garde sentido tamén deberá de mudar de xénero outras clases de palabras.
Desafortunado cos fillos como coa esposa, o sr. de Courval, que non tivera máis que dous, unha rapaza que perdera moi nova e un rapaz que aos quince anos o abandonou como a súa muller, e, por desgraza, polos mesmos principios de libertinaxe, ao non crer que ningún proceder debera encadealo algunha vez a ese monstro, o sr. de Courval, como digo, proxectaba, xa que logo, desherdalo, e dar os seus bens aos fillos que esperaba obter da nova esposa que devecía por tomar.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License