|
|
||||
![]() |
A castaña A castaña é un dos alimentos mais antigos da Humanidade. Desde
o Paleolítico o home aproveitou e alimentouse de castañas e landras. Na
relixión celta, o castiñeiro debeu de ser venerado polos seus druídas,
en compaña do carballo. |
|||
O castiñeiro, unha árbore nobre |
||||
![]() |
O castiñeiro é unha árbore nobre
e non só produce castañas. Dános unha magnífica sombra en verán e
leña en inverno. En simbiose, produce uns marabillosos cogumelos, compañeiros
culinarias nos mais delicados pratos. Embelece a paisaxe, protexe e mellora
o ecosistema humano, tan depredado por producións rápidas dun home que cada
vez ten máis présa. A castaña proporciona uns benefícios considerables
tanto polo valor real das exportacións como polo número de quilos comercializados
directamente ou por medio de productos derivados, especialmente das castañas
confitadas. As castañas prodúcense en Outono e no momento exacto de probar o viño novo, producido en setembro, asi como nos días en que se acompaña o cocho sacrificado, como regulamento, no dia de "San Martiño", o dia 11 de novembro. As cidades medran e as tradicións esvaécense, pero aínda en aldeas, pobos e cidades, os homes lembran antigos pratos tradicionais que se comían en casa dos seus avós, feitos ou acompañados de castañas. |
|||
|
|
||||