Introdución
O noso ámbito está constituído por multitude de elementos tanto naturais coma artificiais (árbores, casa, animais, etc...) que teñen distintas formas, podemos afirmar que a forma é a identidade de cada elemento.
- Clasificación das formas.
Orixe
|
- Naturais: son as que proveñen da propia natureza.
- Artificiais: son as que foron creadas polo ser humano.
|
Natureza
|
- Xeométricas: son as que se organizan a partir dunha orde matemática.
- Orgánicas: teñen un perfil e unha superficie interior irregulares.
|
Configuración
|
- Bidimensionais: teñen dúas dimensións, como as follas de papel.
- Tridimensionais: teñen tres dimensións, por exemplo unha pelota.
|
Aparencia
|
- Simple: formada por poucos elementos.
- Composta: son formas máis complexas, constituído por varios elementos, como a man mecánica do robot.
|
- Calidades das formas
Todo o que vemos ten unha forma que o caracteriza. A forma como aparencia leva implícita unha serie de atributos que nos permiten distinguilas unhas doutras.
Configuración
| Refírese á estrutura da forma, está pode ser plana (bidimensional) ou con volume (tridimensional).
|
Tamaño ou proporción
| Este establécese por comparación coas formas que a rodean sendo o contexto un factor determinante
|
Materia
| Composición física da forma que a determinan e condicionan, a iluminación, peso, cor, etc.
|
Posición e situación ou localización
| Fai referencia á súa colocación e situación da forma ante o observador. Influíndo tanto o punto de vista escollido coma as características fisiolóxicas e culturais de observador.
|
- Organización e estructuras
As formas bidimensionais (2D)
| Estruturas
| Apertas/ pechadas
|
Relacións
| De distanciamento: Cando as formas están no espazo sen tocarse.
|
De toque (contacto). As formas ordenadas no espazo tócanse sen perder a súa identidade.
|
De superposición. As formas ordenadas no plano unha sobre enriba da outra.
|
De penetración. Fórmanas relaciónanse introducíndose unha dentro da outra pero sen perder a súa identidade como forma.
|
De unión ou fusión. Dúas formas únense fundíndose nunha soa.
|
De subtracción. Cando unha das formas elimina a parte na que entre en contacto coa outra. Xerando unha zona baleira na forma.
|
As formas tridimensionais (3D)
| As formas tridimensionais desenvólvense no espazo, non xa no plano, sendo esta a súa primeira e principal diferenza no sentido perceptual, con relación ás planas. Pódense observar dende varios puntos de vista.
As formas tridimensionais, precisamente por selo, é dicir, por desenvolverse sobre as tres dimensións, son capaces de adquirir un moi elevado grao de iconicidade.
|
Tarefa
O traballo consistirá en realizar a seguinte actividade:
- Localizar 6 imaxes diferentes como obras pictóricas, paisaxes, bodegóns, escenas, carteis publicitarios, fotografías, etc...
- Clasificalas en función dos diferentes esquemas formulados na introdución...
- Xustificar a devandita clasificación.
Tempo de execución: Dúas sesións.
Proceso
- Consultar con atención os diferentes enlaces que recomendamos en recursos e a información da introdución.
- Cada alumno realizase a seguinte actividade:
Unha táboa con catro columnas na primeira colocásese a imaxe, na segunda clasificásese as formas, na terceira indicásense as diferentes calidades das formas e na cuarta comentásese a organización e estrutura da forma. Hai que xustificar cada un dos apartados.
Puntuación
| Incompleto 1
| Medio 1,5
| Ben/Excelente 2/2,5
|
Traballo e presentación final::
| O alumno non traballou o suficiente. O resultado xeral non é bo.
| A actuación do alumno foi a adecuada aínda que sería mellorable.
| O alumno traballou de forma axeitada.. A presentación final é clara e ordenada.
|
Traballo de Investigación.
| A investigación é insuficiente e faltan datos.
| A investigación é correcta.
| A investigación é profunda e está baseada nos enlaces recomendados.
|
Uso das TIC.
| Dificultades na utilización correcta dos recursos informáticos propostos.
| Algúns problemas na utilización correcta dos recursos informáticos propostos.
| Utilización moi correcta dos recursos informáticos propostos e mesmo doutros programas.
|
Actividade 1: Primeira fase.Localización das imaxes.
| O traballo é pouco creativo ou incorrecto, non se corresponde co esquema indicado.
| O traballo é correcto pero mellorable.
| O traballo é creativo, atractivo e responde perfectamente ao que se requiría no exercicio.
|
Actividade 2: Segunda fase. Análise das imaxes.
| O resultado é desordenado e incompleto e a análise non reflicte ningún dos aspectos requiridos.
| A análise está algo incompleta pero reflicte a maioría dos aspectos requiridos
| A análise é completa e está estruturada de xeito clara e ordenada.
|
Actividade_1:
Conclusións
Unha vez finalizado o traballo:
Os alumnos terán reflexionado de forma individual sobre as diferentes formas que temos no noso ámbito e como se relacionan.
En grupo reflexionasen sobre está forma de traballar, as súas vantaxes e inconvenientes e sobre o que aprendeu.