OBXECTIVOS:

-Potenciar a destreza do alumno á hora de enfrontarse ao debuxo do corpo humano.

-Experimentación e exploración dos elementos que estruturan as formas e as imaxes (luz, forma, cor, textura, dimensión).

-Descubrir a presenza da proporción na natureza.

METODOLOXÍA:

Para debuxar unha cabeza en primeiro lugar hai que facer un rectángulo do alto que se queira e 2/3 dese alto na súa parte ancha. Aproximadamente esas son as proporcións estándar entre o alto e o ancho da cabeza.

Ese rectángulo dividirémolo á metade na súa dimensión ancha e en catro na súa altura.

A primeira división contendria á cabeza ata o nacemento do pelo.

A segunda división limitaría coa parte superior dos ollos.

A terceira división ata a parte baixa do nariz.

A cuarta división ata o queixo. Se esta parte dividímola en dúas, na superior atoparíase a boca.

A orella atópase situada á altura dos ollos pola parte superior e un pouco por encima da liña na que se atopa a parte inferior do nariz.

Entre un ollo e outro atopamos unha medida doutro ollo.

A boca ten un ollo e medio de ancho e medio de alto.

MATERIAL:

-Folios.

-Lapices.

-Cores de madeira ou outros.


       
             

 

 

 



 

MATERIALES ONLINE PARA 1º DE EDUCACIÓN SECUNDARIA OBLIGATORIA.