OBXECTIVOS:
-Estudar o punto,a linea e o plano como elementos xeradores de formas.
-Coñecer os elementos básicos da linguaxe grafico-plástico (punto, linea, plano) para representar as distintas formas
-Conseguir con estas formas as distintas calidades expresivas das que forman parte.
METODOLOXÍA:
Na linguaxe plástica o punto é o elemento visual máis simple. A idea que temos dun punto é un círculo moi pequeno. Pero se observamos atentamente a marca producida por un lapis ou outro instrumento de debuxo, comprobamos que as súas formas son moi diversas.
Nós imos debuxar unha composición abstracta a base de puntos, considerando o circulo tamén como un punto agrandado visualmente.
Observa o teu debuxo e identifica a sensación visual que predomina no conxunto: agrupación, dispersión, movemento, equilibrio.
MATERIAL:
-Folios.
-Cores de madeira ou outros. |