OBXECTIVOS
-Analizar a imaxe e as súas posibilidades narrativas.
-Iniciar aos alumnos nas novas tecnoloxías.
-Distinguir os aspectos connotativos e denotativos da imaxe.
METODOLOXÍA:
Esta é unha experiencia moi interesante para realizar cos alumnos. Grazas á tecnoloxía dixital é unha actividade relativamente fácil. O único que necesitamos é unha cámara dixital. Primeiramente os alumnos redactasen un guión. Para iso poden inventala ou adaptar algunha historia coñecida. O seguinte paso é preparar o story-board, que son uns bosquexos con anotacións á beira dos planos que imos fotografar. Se vai ser un primeiro plano (P.P.), un plano xeral (P.G.), plano medio (P.M.), plano americano, etc.
Para rematar para montalo usaremos programas tan sinxelos como Word, ou Power Point. Para isto colocaremos as fotografías no documento, e para os bocadillos usaremos as autoformas (inserir/imaxe/autoformas) que nos dan varias posibilidades de bocadillos.
MATERIAL:
-Computador.
-Cámara de fotos dixital.
-Programas sinxelos de computador. |