Introdución
A entrevista é un xénero periodístico que reproduce unha conversa entre dúas ou
varias persoas: un periodista que realiza as preguntas e unha persoa de relevancia
póblica que as contesta. Este diálogo adoita estar planificado e acordado previamente,
segundo os respectivos intereses das partes.
É un xénero moi presente hoxe na prensa que permite ao lector un coñecemento directo
da persoa entrevistada.
Pode ser usada en crónicas e reportaxes como medio para procurar información.
Os pasos para realizar unha entrevista son:
- Escoller o tema e a persoa que interesa entrevistar e documentarse sobre eles.
- Deseñar un guión coas preguntas para encamiñar o diálogo.
- Ter prevista a posibilidade de improvisar novas preguntas ao longo da conversa.
- Concertar unha cita co entrevistado indicando a razón da entrevista.
- Elixir imaxes para ilustrala.
- Escoller a canle para realizala (persoal, telefónica, escrita ...).
Para garantir a veracidade da entrevista, e se o entrevistado o permite, é moi útil
gravala a medida que se vaia realizando.
Segundo o contido, existen distintos tipos de entrevistas:
- informativas: son as que pretenden dar a coñecer as opinións do entrevistado sobre temas xerais,
- de personalidade: son aquelas nas que se busca afondar na dimensión humana do personaxe,
- mixtas: son unha combinación das dúas anteriores.
Características
- Dinámica: está baseada na sucesión de preguntas e respostas.
- De interese póblico: é un dos xéneros preferidos polos lectores.
- Veraz: o xornalista debe ser o máis fiel posible ao contido da entrevista.
- Áxil: é fluída e de fácil comprensión.
Estrutura
Nunha entrevista pódense distinguir as seguintes partes:
- Titular: é unha frase breve que recolle un aspecto clave da entrevista.
- Presentación: é un parágrafo que presenta a persoa entrevistada e o tema da entrevista.
- Desenvolvemento: sucesión de preguntas e respostas planificadas de antemán ou improvisadas en función da
orientación da entrevista. As preguntas aparecen resaltadas tipograficamente (cursiva, negra...).
- Conclusión: son as palabras ou fórmulas lingüísticas empregadas para pechar a entrevista.
Na entrevista oral adóitase rematar con agradecementos ao entrevistado; na escrita,
cun comentario persoal ou conclusión do entrevistador.
Exemplo