|
Tempus fugit é un paquete de táboas cronolóxicas e actividades ou "xogos" deseñados para facilitar ao alumnado a adquisición dun esquema temporal da Filosofía, da Ciencia, da Economía, da Historia, da Literatura, da Arte e da Música. Varios curricula da ESO e dos Bacharelatos teñen unha dimensión histórica que é preciso coñecer para acadar unha comprensión dos seus contidos. Agora ben, como construír ese desexable esquema temporal nos esquemas conceptuais do alumnado? O vello recurso de memorizar datas de nacemento e morte dos personaxes, ou de situar os acontecementos aproximadamente nos séculos correspondentes queda obsoleto diante das Técnicas de Información e Comunicación. As TIC poden facilitar esta labor. As TIC na aula. Tempus fugit aporta ferramentas para integrar as TIC nas aulas de ESO e Bacharelato: as táboas cronolóxicas e o desenvolvemento colectivo dos seus xogos ou actividades no encerado dixital ou individualmente no ordenador axudarán indubidablemente a construír nos esquemas conceptuais das nosas alumnas e alumnos o esquema temporal das materias mencionadas. O propio deseño das táboas facilita, permite e mesmo incita enfoques interdisciplinares das materias. Indubidablemente a recentemente incorporada materia "Proxecto interdisciplinar" no primeiro curso da ESO atopa nestas táboas cronolóxicas un incondicional e versátil aliado. As táboas e os seus xogos son susceptibles de un dobre uso:
Tanto alumnado como profesorado poden descargar estas táboas para usalas tal e como aquí se presentan ou, o que es mais interesante, para modificalas e adaptalas os seus intereses curriculares ou persoais. Inclúense instruccións detalladas e ilustradas para que calquera, tanto profesorado como alumnado, adapte as táboas. Ademais das táboas en ficheiros de Notebook, pódese descargar en formato PDF e imprimir e fotocopiar para o alumnado unhas táboas en branco para facelas manualmente. Unicamente aparecen nelas as liñas divisorias dos séculos. Seguindo estas breves instruccións (1 páxina en PDF) é sinxelo ir construíndo unhas táboas personalizadas e sen ordenador. Esta opción é moi recomendable, pois o feito de que cada alumna ou alumno vaia incorporando individualmente a súas táboas os ítems históricos que manexe nos seus estudios a medida que vaian aparecendo contribúe a que "constrúan" o esquema temporal na súa estructura conceptual. Tempus fugit está elaborado pensando no alumnado de bacharelato pero adaptalo a ESO é moi sinxelo: basta con suprimir aqueles ítems que non sexan obxecto de estudio. En calquera caso as táboas resultan especialmente útiles dándolles continuidade ó longo dos cursos. Os xogos ou actividades propostas facilitan o estudio ou asimilación do esquema temporal. O desenvolvemento destes xogos colectivamente na encerado dixital ou individualmente nun ordenador axudan con toda seguridade a construír ese esquema temporal. Descrición dos contidos. Tempus fugit organízase en tres seccións ou apartados:
A guía para utilizar estas seccións inclúese en cada unha delas: Á dereita de cada páxina e en cor verde aparecen sempre orientacións e suxestións para o uso adecuado das táboas e xogos. Tanto as táboas como os xogos son completamente transferibles ás aulas facilmente adaptables ao alumnado da ESO, do Bacharelato e mesmo universitario. Inclúense unhas detalladas instruccións para que tanto alumnado como profesorado podan usalas e adaptalas ás suas necesidades. A situación ideal para o uso destas táboas cronolóxicas é dispoñer dun encerado dixital interactivo, aínda que non é imprescindible, pois calquera ordenador serve para empregar estas táboas, podendo ademais proxectarse cun canón de vídeo para visualizar colectivamente. Mesmo un simple ordenador serve para traballar individualmente pois as táboas cronolóxicas poden descargarse no disco duro, memoria USB, ... e traballar con elas sen necesidade de estar conectado a Internet, o cal posibilita que o alumnado que non dispoña de conexión a Internet no seu domicilio poda empregalas igualmente. Activstudio entrégase xunto cos encerados dixitais Promethean. Pódese descargar da web de Promethean, pero debes ter un nº de serie. Tamén se pode descargar unha versión de Activstudio para estudantes que permite viasulaizar as táboas e interactuar con elas, se ben carece das magníficas poposibilidades da versión completa deste programa. Segue estas recomendacións para descargar e configurar en galego Notebook. A licenza deste programa autoriza a instalalo nun número ilimitado de ordenadores pertencentes a persoas relacionadas co centro, sempre que o centro dispoña al menos dun encerado dixital SMART. Mesmo autorízase ao alumnado a instalar este software nos seus ordenadores, co cal, tamén poderán visualizar e traballar coas táboas cronolóxicas nas súas casas. Manexar Notebook é bastante sinxelo, bastan os coñecementos básicos informáticos e, se é necesario, consultar esta axuda para manexar Notebook e modificar ou adaptar as táboas (cinco páxinas ilustradas, en formato PDF para imprimilas e usalas a modo de manual). |
Créditos | Software necesario | Accesibilidade |
|||||||
|
|
|
|
|
|
||