Recipiente de vidro para medir volumes con gran precisión. Só ten un aforo, polo tanto só mide un volume. Ó estar aforados a unha temperatura estándar non se poden quentar nin botarlle líquidos quentes.
Na preparación de disolucións, o soluto ponse no matraz e engádese unha parte de disolvente axitando enérxicamente ata acadar a súa disolución. Logo enrásase co disolvente ata o sinal do aforo.