MOLECULAS EN BOLASEn química cando falamos de modelos moleculares non estamos pensando precisamente nos e nas profesionais da pasarela. Os modelos moleculares son representacións tridimensionais das moléculas que nos acercan máis ás estructuras reais das mesmas que as representacións escritas das fórmulas. Para que vexas como son as moléculas orgánicas e que estructuras teñen recorre as anteriores galerías de fotos, que ademais están en 3D. Poderás disfrutar dunha visión estereoscópica das mesmas. Para poder experimentar a visión estereoscópica non precisas de ningún aparato, só dos teus extraordinarios ollos e seguir as seguintes instruccións: Ponte centrado de fronte ás fotos. Debaixo de cada foto tes un nome dun composto, cruza a vista lentamente, verás que aparecen catro nomes, as dúas palabras do centro iranse fundindo nunha a medida que sigas cruzando a vista, nese momento alza lentamente a vista e observarás unha foto en 3D. Se o consegues estarás dicindo "¡que pasada!". Anque pode ser que non o consigas á primeira, nin á segunda, nin á terceira. Sígueo intentando xa que o máis difícil é velas á primeira vez, logo o ollo acostúmase e xa é máis fácil, ten paciencia. Tamén pode axudarche colocar o índice entre a pantalla e os ollos, máis preto dos ollos que da pantalla. Se miras para o dedo o que está detrás aparecerá cruzado sen esforzo. Busca a distancia axeitada do dedo que che permita ver a foto 3D enfocada. Non debes forzar a vista, se a visión non che resulta relaxada déixao. ¡A disfrutar coas moléculas! Por certo, tamén podes tentar de reproducir estes modelos moleculares con axuda de boliñas de plastilina de varias cores e palillos de dentes. |