1º Se Hipatia era modesta no vestir, que importancia teñen as marcas no teu vestiario? A túa roupa, sabes de que país procede? As modas, tenden a igualarnos ou a diferenciarnos?

2º Cres que foi Hipatia acosada polos seus inimigos. É o bullying un problema cotiá nos centros de ensino? Fai unha enquisa entre os teus compañeiros/as e analiza os datos recollidos.

3º Compara a cidade de Alexandría coa túa cidade, en tanto que son sociedades plurais. Elabora un informe sobre as diferentes nacionalidades que conviven na aula.

4º En que consiste a empatía? Contesta estas tres cuestións:

a) Que cousas boas ven os demais en min.

Que cousas malas ven os demais en min.

b)Cales son as miñas 3 virtudes máis destacadas.

Cales son os meus defectos máis destacados.

c)  Cales son as miñas mellores calidades.

Despois de contestar a estas preguntas, párate a pensar. Custouche moito descubrir cales  son os teus defectos e as túas virtudes?

5º Se Hipatia practica a prudencia, cres que a xuventude actual é prudente cando se divirte as fins de semana? Fai un mural onde se mostren situacións de imprudencia  e indica baixo o teu punto de vista como se poderían solucionar.

6º Analiza e elabora unha pequena composición sobre o tema da amizade e da lealdade na película. É a amizade algo importante para ti? Que entendes por lealdade?

7º Pon exemplos de situacións reais onde o diálogo sexa a ferramenta para a resolución de conflitos fronte á imposición e a violencia.

8º Cres que Hipatia foi discriminada por ser muller? Busca información sobre a situación da muller na época helenística e compara a súa situación coa actual. Avanzamos?

9º Define dende o teu punto de vista: Tolerancia, respecto, conciencia do deber e dignidade.

10º Consideras que a morte de Hipatia foi un atentado contra a dignidade do ser humano.

11º Que entendes por XUSTIZA? Fai un listado con situacións de Xustiza - Inxustiza.

12º Analiza a afirmación de Hipatia: “Ti non cuestionas o que cres, eu DEBO...” Fai unha listaxe de 5 situacións onde ti DEBES

13ª Que opinas das seguintes frases?

“Só sei que non sei nada” -  Sócrates

“Educa aos nenos para non ter que castigar aos homes” – Sócrates

“O mal é ignorancia” - Sócrates

“Nada en exceso” - Aristóteles

“Coñécete a ti mesmo” – Sócrates

“Medo a liberdade” – Eric Fromm

“As cousas teñen prezo, as persoas dignidade” – Kant

“Non estou de acordo co que dis, pero defenderei coa miña vida o teu dereito a dicilo” - Voltaire

intr
taref
rec
aval
guia
pres
inicio