ACENTO ORTOGRÁFICO
1.- AGUDAS (oxítonas). Ex. : chofer, chinés
- Acentúanse as polisílabas rematadas en -vogal (+n, s, ns): mamá, cafés, algún, peóns.
- Mais non levan acento ortográfico:
a) Monosílabos: leis, el, ti.
b) As rematadas en ditongo decrecente (+ n, s): papeis, colleu, amei, tomou, pediu, azuis.
c) As rematadas noutra consoante que non sexa -n ou -s: cantar, nariz, arroz.
2.- GRAVES (Paroxítonas). Ex. : atmosfera, biosfera, heroe
Levan acento ortográfico cando rematan en consoante diferente de n, s , ou en grupos consonánticos distintos de -ns: álbum, móbil, mísil, réptil, Félix, tríceps, carácter. (Tamén se acentúan as que teñen ditongo decrecente na última sílaba: amábeis).
Polo tanto: cantan, cantas, lapis, canons, colons, dolmens.
3.- ESDRÚXULAS (Proparoxítonas).
Todas levan acento ortográfico: mágoa, bárbaro, tépedo, xílgaro, térmite.
4.- i, u en hiato.
Independentemente das regras anteriores, levan acento ortográfico as vogais i, u tónicas cando van inmediatamente antes ou despois dunha vogal átona, para indicar que ambas as vogais non forman ditongo: aínda, baúl, caída, Coímbra, egoísmo, miúdo, raíña, raíz, ruído, saía, súa, traía, túa, xuízo... (i, u non se acentúan cando entre elas e a átona aparece un h: prohibes)
5.- Estranxeirismos e latinismos: seguen as normas anteriores.
6.- OBSERVACIÓNS.
6.1.- As maiúsculas levan acento ortográfico.
6.2.- Non levan acento ortográfico os adverbios acabados en -mente, os demostrativos, o numeral un.
6.3.- Tampouco o levan os interrogativos e exclamativos: Como lle vai? Onde estás? Preguntoulle cal quería. Só se acentúan para evitar posibles anfiboloxías: dille que queres // dille qué queres.
6.4.- O pronome posposto ao verbo conta como unha sílaba máis, pero mantense o acento diacrítico: cóntallo, éme igual, dálle.
6.- Acentos DIACRÍTICOS.
| á a +a, substantivo | a artigo, pronome, preposición |
| ás a +as, substantivo | as artigo , pronome |
| bóla esfera | bola peza de pan |
| cá ca + a | ca conxunción |
| cás ca + as | cas presposición |
| chá plana | cha che + a |
| chás planas | chas che + as |
| có ca + o | co con + o |
| cós ca + os, substantivo | cos con + os |
| cómpre é mester | compre merque |
| cómpren son mester | compren merquen |
| dá verbo dar | da de + a |
| dás verbo dar | das de + as |
| dó compaixón | do de + o |
| é verbo ser | e conxunción |
| fóra adverbio | fora verbos ser e ir |
| má ruín | ma me + a |
| más ruíns | mas me + as |
| máis adverbio | mais conxunción |
| nó substantivo | no en + o |
| nós pronome tónico, substantivo | nos pronome átono, en +os |
| ó ao | o artigo, pronome |
| ós aos | os artigo, pronome |
| óso do corpo | oso animal |
| pé parte do corpo | pe letra |
| póla rama | pola galiña, por + a |
| pór poñer | por preposición |
| présa apuro | presa prendida, presada |
| sé verbo ser, sede eclesiástica | se conxunción, pronome |
| só adxectivo e adverbio | so preposición |
| té infusión | te letra, pronome |
| vén presente de vir | ven presente de ver, imperativo de vir |
| vés presente de vir | ves presente de ver |
| vós pronome tónico | vos pronome átono |