- baca: plataforma dos coches –vaca: mamífero común que dá leite
- barón: título nobiliario –varón: o oposto a muller
- bacante: sacerdotisa –vacante: que non está ocupado
- barra: peza metálica –varra: subxuntivo de varrer
- barro: masa de auga e terra –varro: presente de varrer
- boa: serpe; feminino de bo –voa: presente de voar
- bacilar: relativo aos bacilos –vacilar: dubidar
- bascular: oscilar, facer un movemento en sentido vertical –vascular: relativo aos vasos sanguíneos
- bocal: embocadura da gaita ou doutro instrumento musical -vocal: relativo á voz
- baga: cápsula que contén a semente dalgunhas plantas –vaga: onda grande; preguiceira
- basto: mesto, que está moi xunto –vasto: extenso, amplo
- botar: facer saír; dar botes –votar: depositar o voto
- bago: uva –vago: non concreto
|