- Na rúa onde vivía miña tía había un baúl que só se vía de día, aínda que de noite saía a lúa e o iluminaba.
- Colleu a agulla, pinchou o dedo, botou sangue e pediu auxilio. Tomei unha gasa e non me serviu, collín unha toalla e púxenlla.
- Dixo el que hoxe á tarde é o mellor día para ir aos cogomelos e ás castañas.
- No tempo dos apóstolos había uns homes moi bárbaros que subían ás árbores e comían os pexegos.
- A avoa colleu o fío e pediu a agulla para ir coser ao seu cuarto.
- Helena toca a harmónica na horta mentres Henrique varre coa vasoira.
- O exterior esquerdo do Marín é estranxeiro, mais xoga máis e mellor que os de aquí.
- Nós somos así; aínda que nos ofrecían algúns cartos, negámonos a saír pola televisión.
- Xamais pensei en Elías, el non é o rei do xogo. Todos os anos o botan dos equipos nos que xoga.
- Non esaxero se digo que é estraño ser bilingüe aquí, aínda que hai algúns que o son.
- O avogado recibiu o acusado na rúa e colleu un taxi vermello.
- Aí había uns homes moi divertidos que partían ovos coas balas de pistola que atoparon nun oco da parede.
- Para cumprir as nosas leis, traían os papeis traducidos á nosa lingua e así xamais entraban no cárcere.
- Vós vivistes nun país que trataba ben as mulleres. Alí nunca houbo discriminación sexual.
- Ás catro da tarde, as dúas irmás decidiron ir á casa da avoa levarlle a tarta que compraran.
- Cómpre falar co teu curmán Brais para convencelo de que compre aquel boneco e llo dea a Laura.
- Dálle as grazas a esa amiga da túa nai; porque se non llas dás, vouche tirar das orellas.
- Ten dó de min e mais do teu amigo, que non quixemos ofenderte.
- Estou convencido de que é difícil aprendelo e aínda máis lembralo despois, mais farei un esforzo por intentalo.
- Como lle fagas o nó á gravata tan apertado, non poderás abotoar a camisa no pescozo.
- Nós sabemos que nos bosques hai moitos animais descoñecidos, mais nunca nos levaron a eles para que os puidésemos ver no seu hábitat.
- Sabedes o que hai que facer para pór un libro sobre aquela mesa? Entrar pola porta, pasar por todo o cuarto e procurar non topar coa cadeira que está ao lado dela.
- Dime dunha vez se vés ao cine ou non vés. Eu penso que debes vir, non ves que se non, non terás outra oportunidade de ver esa película?
- Mirade, o rapaz do que falamos vén entre todos aqueles que levan gafas porque non ven ben e el é o que menos ve.
- Xa vos dixen que nunca o virades, agora que se vós insistides en que o coñecedes, será certo.
- Só sei que pola túa culpa, o gato rompeu a póla da laranxeira, porque o asustaches e agatuñou por ela espantado.
- Facilmente sería así como tería que suceder: as súas dúas tías terían que saír pola rúa, aínda que non era de día nin estaba a lúa.
- Colleu unha chave, abriu a porta e saíu. Pediu un taxi, mais non había alí ningún taxi. Berrou moito e nada, non veu ninguén. Ademais despois empezou a chover.
- Na nosa lingua as bágoas son fáciles de recoñecer.
- As augas quentes son moi típicas de Ourense, chámanse As Burgas.
- María é curmá de Matías e irmá de Elías, o que vivía en Marín.
- Dixo o chofer do arcebispo que a atmosfera que se respira na arquidiocese non é a que lle gusta á elite dos cregos
- Non foi á Olimpíada por ter a rubéola, polo que pasou un verán moi anódino