- Na paisaxe dese lugar sobresaen as árbores froiteiras.
- Esas leis publicáronse en varios xornais nacionais.
- Na ponte grande hai algúns sinais de tráfico indescifrábeis.
- Comprou varios mandís azuis para as cociñeiras dos seus hoteis.
- Non podía aturar aquela dor de riles a pesar das inxeccións.
- As palmeiras dan moitos dátiles saborosos, as colmeas mel e os burros couces dolorosos.
- As listas de reis godos son fáciles de memorizar para uns e difíciles para outros.
- A pillaxe que aquí fixeron os capitáns piratas figurará nos libros da historia local.
- Ás veces os nosos cónsules non podían remediar os males aos emigrantes.
- Algúns paxes dos reis paseaban polos pazos reais con traxes brancos.
- Boteille pouco sal á comida.
- A parella de gardas civís meteu o coche no garaxe mais deixoulle as luces acesas.
- Cal é a cor do sangue dos animais?