1.- Os marroquís son uns homes que teñen unha cultura moi diferente á occidental.

2.- Os mércores sempre tomamos uns cafés tranquilamente ante as televisións sen termos os mandís postos e mentres fumamos uns cigarros, xa que son os únicos días que non debemos traballar despois de xantarmos.

4.-Eses reis ditaron unhas leis sorprendentes: obrigan aos coroneis e aos cónsules a presentárense os luns e os xoves ante a Comandancia da Garda Civil.

5.- O nivel cultural e económico desas familias é aceptábel: todos teñen aneis e len algúns libros cada semana.

6.- Eses vales son moi fértiles e agradábeis, e teñen de todo. Alí podedes ver desde uns póneis ou uns bois pacendo ata uns hindús xogando ao hóckey nos xardíns dos hoteis.

7.- Hai uns farois municipais nos parques infantís, mais como están fronte aos cuarteis aínda se vai vendo.

8.- Eses cans son uns berróns, non fan máis que ladraren.

9.- Os goles marcados polos xogadores israelís non foron legais.

10.- Din que as estrelas de mar non son hostís aos ollomoles.

11.- Aqueles monxes paúis meteron uns libros nos baúis de cor azul.

12.- Nos locais sociais deses organismos tómanse moitos cafés.

13.- Puxeron uns pernís sobre as mesas e dixeron que esas eran as súas credenciais.

14.- Os roles desempeñados polos bemoles nos pentagramas son moi importantes. Foi o que dixeron eses doutores que son moi hábiles no manexo dos bisturís.

15.- Aqueles capiteis representan unhas escenas celestiais.

16.- Os martes sempre veñen algúns rapaces.

17.- Os corazóns senís tamén poden ser pasionais.

18.- Os lacóns están moi caros segundo os prezos oficiais.

19.- Temos que mercar teas para uns lenzos brancos e uns calzóns azuis.

20.- Son uns edís admirábeis segundo os editoriais dos xornais dominicais.

21.- Os es poden ser unhas vogais abertas ou fechadas.

22.- Son unhas flores comúns e fáciles de atopar en calquera verxeis.

23.- Cazamos unhas perdices naqueles piñeirais.

24.- Esas fábricas téxtiles teñen unhas paredes anís.

25.- Crese que os pardais son capaces de cantaren horas enteiras.

26.- Poñede os manteis das mesas grandes e ide traendo os pementos crus.

27.- Non nos gustan eses carteis, son iguais que os dos anos pasados e teñen unhas cores insufríbeis.

28.- Os caracois de meus irmáns gañaron os campionatos mundiais, foron os máis áxiles e dóciles.

29.- As explosións foron provocadas por uns gases letais.

30.- A abertura gradual de oficinas bancarias farase tendo en conta a situación das sucursais existentes.

31.- Algúns procesos febrís esixen uns tratamentos delicados.

32.- Con eses pinceis tan maos non ides poder pintar os bergantíns que se ven neses libros.

33.- Sempre foron uns amorais e uns intratábeis nos asuntos mercantís.

34.- Os antigos guaranís eran moi vitais e sempre andaban nus.

35.- Nunca vin homes máis papóns e lacazáns.

36.- Sempre serán uns heroes ocasionais os que resolvan as situacións de perigo.

37.- Estableceron uns símiles moi difíciles de comprender.

38.- Non nos convenceredes con esas razóns.

39.- Tiñan un oficio moi raro, andaban á caza dos saltóns e íanos metendo nuns fardeis, pero eles dicían que lles daban cartos.