1. bolso: o de man –bolsa: en xeral
  2. caldeiro: forma troncocónica, para líquidos –caldeira: máis xeral
  3. cancelo: máis pequeno –cancela: máis xeral
  4. caxato: máis xeral –caxata: feita dunha póla
  5. coiro: xeral –coira: pel dun animal
  6. cuartillo: medida –cuartilla: folla de papel
  7. fouciño: de folla máis pequena –fouciña: de folla máis grande
  8. leño: unha unidade –leña: colectivo de leño
  9. machado: máis grande –machada: máis pequena
  10. peso: xeral –pesa: medida de peso
  1. pipo: máis pequeno –pipa: máis grande
  2. porto: o de mar ou montaña –porta: a da casa
  3. pozo: de boca estreita –poza: de boca ancha
  4. rato: máis pequeno, o de campo –rata: máis grande, a do lixo (animais diferentes)
  5. río: corrente de auga –ría: brazo de mar que entra na terra
  6. saco: boca máis estreita –saca: boca máis ancha
  7. teto: mama do ubre dunha vaca, porca...–teta: mama das femias dos mamíferos
  8. tixolo: máis pequeno e con buratos para asar –tixola: a utilizada para fritir
  9. vasoiro: grande e usado nos fornos –vasoira: máis pequena e para a casa
  10. viño: líquido tirado das uvas –viña: lugar onde hai vides