1. A Encina sempre tivo moitos menos/máis cartos ca el. A Encina sempre tivo tantos cartos coma el.
  2. O Rubén era menos/máis fedello que o/có seu curmán. O Rubén era tan fedello como/coma o seu curmán.
  3. O Miguel obtivo peores/mellores resultados do que pensaba. O Miguel obtivo resultados tan bos como pensaba.
  4. O Daniel é case menos/máis rico que o/có veciño. O Daniel é case tan rico como/coma o veciño.
  5. A Helena nunca estaba menos/máis atenta ca min. A Helena nunca estaba tan atenta coma min.
  6. A Carme ten menos/máis leiras do que parece. A Carme ten tantas leiras como parece.
  7. Xamais conduciu peor/mellor ca elas. Xamais conduciu tan ben coma elas.
  8. Agora é menos/máis forte que o/có Ricardo. Agora é tan forte como/coma o Ricardo.
  9. O descoñecido sempre será menos/máis mao que o/có coñecido. O descoñecido sempre será tan mao como/coma o coñecido.
  10. Os perigos son menos/máis grandes do que pensabamos. Os perigos son tan grandes como pensabamos.
  11. Están menos/máis abraiados ca vós. Están tan abraiados coma vós.
  12. As rendas son menores/maiores do que esperabades. As rendas son tan pequenas como esperabades.
  13. O Santiago era menos/máis divertido que os/cós compañeiros. O Santiago era tan divertido como/coma os compañeiros.
  14. A Irimia ten menos/máis forza ca vostede. A Irimia ten tanta forza coma vostede.
  15. O Paulo é menos/máis trasfego que a/cá Alba. O Paulo é tan trasfego como/coma a Alba.
  16. Recollemos menos/máis fabas do que contabamos. Recollemos tantas fabas como contabamos.
  17. Penso que ten menos/máis poderes ca ti. Penso que ten tantos poderes coma ti.
  18. O Manuel está menos/máis alto que a/cá Laura. O Manuel está tan alto como/coma a Laura.
  19. O Brais atopou máis/menos moedas do que se propuxo. O Brais atopou tantas moedas como se propuxo.