- Nunca o fun ver // fun velo.
- Meu pai pensábaa destruír // pensaba destruíla.
- A moto podíalle correr // podía correrlle máis.
- Xa os deixou de arranxar // deixou de os arranxar // deixou de arranxalos.
- Aquel día tíñamo que deixar // tiña que mo deixar // tiña que deixarmo.
- Non contaba con te ver // con verte nese lugar.
- É mellor deixalo así.
- Para que colla sabor, cómpre esmagalo mellor.
- Íalle cantando // ía cantándolle unha fermosa balada.
- Estouno pensando // estou pensándoo mellor.
- Agora coido podelos coller // poder collelos coa man.
- Cantas veces intentei deixalo de querer // deixar de o querer // deixar de querelo!
- Haina que deixar // hai que a deixar // hai que deixala marchar cando queira.
- Sempre cho foi arranxando // foi arranxándocho como podía.
- Sería aconsellábel vendelo.
- Debíaas de deixar traer // debía de as deixar traer // debía de deixalas traer // debía de deixar traelas á casa (as).
- Xamais nos andou regateando // andou regateándonos.
- Como desexaba entón podelos doar // desexaba entón poder doalos!
- Cómpre recollerse a tempo, vai chover.
- Estache a chover // está a choverche moito hoxe (che).