Sinálase só unha posibilidade, pero poden existir máis.
- Mentres non chegan os convidados, vai abrindo as botellas.
- Desde que lle morreu a sogra, anda feito unha Magdalena.
- Antes de falares, pensa ben o que vas dicir.
- Cando o monte se queima, algo seu se queima.
- Manteña limpa a praia para que todos poidamos aproveitarnos dela.
- Faremos unha auditoría para coñecermos os males da empresa e aplicarmos as solucións necesarias sempre que sexa posíbel.
- Para vir a xunto de min, vai lavar a cara, galopín.
- Desde que te fuches, nin como nin durmo, volve antes de que me converta nun cadáver.
- Cando mo dixo, pensei que era para darme unha alegría, agora vexo que non.
- Vai alá, que te vexan as túas tías.