Sinálase só unha posibilidade, pero poden existir máis.

  1. Cala, que sempre foi máis esperto ca ti.
  2. O Parlamento Galego aprobou menos leis do que tiña previsto o Goberno da Xunta.
  3. Tes que colocalo de xeito que non se vexa desde fóra.
  4. Estudou tanto que acabou medio tolo.
  5. Hai que dispor as tomadas eléctricas de forma que o aspirador poida andar por toda a casa.
  6. Se cadra chegas a ter tantos libros coma min, e unha discoteca como a miña.
  7. Púxose como unha fera ao sabelo.
  8. Corría tanto que non había xeito de dalo seguido.
  9. A ver quen fai o testamento de modo que todos os herdeiros queden contentos.
  10. Este ano adiantou moito máis do que pensaba.