Sinálase só unha posibilidade, pero poden existir máis.
- Leva o paraugas porque vai chover.
- Aínda que llo contase, non mo crería.
- Malia que llo expliquei, non mo entendeu.
- Como se achaba só, casou coa compañeira de traballo.
- Con xanelas dobres, aínda que haxa ruído, estase tranquilo.
- Igual non podemos pasar, xa que andan coas obras do gas e do cabo.
- Aínda que escribas ben a máquina, non vas conseguir ese traballo.
- Abre a porta, que está aí o repartidor do gas.
- Exiliouse porque non podía aturar a ditadura do seu país.
- Aínda que berre non lle fagas caso, que é só por chamar a atención.