Sinálase só unha posibilidade, pero poden existir máis.
- Se pos ese pixama vas ter calor.
- Iría convosco se me deixasen.
- Como chegue tarde, non o deixo pasar.
- Preguntoume se quería ir con el de acampada.
- De non vires ti, mándamo por correo.
- Seica coidas que eu non me decato, que son parvo.
- Díxome que me regalaba o can se o trataba ben.
- Como o deixes fóra decote, vaiche coller ferruxe.
- Se me tivese avisado, non pasaría o que pasou.
- Propuxo que se levantase a sesión de non chegarmos a un acordo.