-
Quero que pintes o garaxe antes do inverno.
-
O neno ficou sorprendido ao ver que o leite saía a fío polo ubre da vaca que estaba muxindo seu tío.
-
Ao chegarmos a aquela curva, tivemos que facer unha viraxe bruscamente para evitarmos o choque contra un/o camión.
-
Levantóuselle unha forte dor de cabeza ao saber que a súa filla quería casar e non tiña os cartos para lle dar o dote.
-
Mentres arrolaba o berce do seu neto miraba con desacougo para o lume que se achegaba ameazadoramente á casa desde o cume do monte.
-
A febre fora provocada pola farinxite que pillara uns días antes cando agatuñara case espido á árbore que estaba diante da súa casa.
-
A aguia é unha ave que percorre o ceo voando e a anguía móvese sempre pola auga.
-
Houbo que lle facer unha análise de sangue porque temiamos que tivese unha infección provocada pola ferida que fora consecuencia do couce daquel burro.
-
Na ponte do Lérez Sara e Lucía Marsán pararon a mirar o fume que viña das fábricas que se vían no horizonte.
-
De onde se saca o mel? Preguntas. Seica as abellas producen mel e tamén nas tendas venden mel de flores.
-
Dáballe tanto noxo o sangue, que despois de ver aquel accidente estivo un bo anaco limpando o cuspe no pano de man.
-
No cárcere da miña vila había un/unha personaxe que suscitaba a curiosidade de todos os veciños: cando calquera persoa pasaba por debaixo da súa fiestra sempre lle facía o sinal de que gardase silencio.
-
Non permitas que o teu fillo colla o costume de meter o dedo no nariz.
-
Ao baixar do barco, meteu o peixe no paxe e despois de facer a viaxe ata a cidade conseguiu vendelo todo pregoándoo polas rúas.
-
A orixe da orde de desaloxamento non se sabe cal foi, mais ninguén discutiu a súa oportunidade.
-
Hai que engraxar a engrenaxe desa maquinaria, porque renxe moito ao poñela en funcionamento.
-
Gustaríame que me fixeses un labor: ir mercar o cal para pintar o teito dese cuarto antes da festa.
-
Sempre souben que o teu irmán tiña unha arte especial para facer a augardente de herbas.
-
O riso de Helena é entrañábel, é case tan atraente como o sorriso de Raquel.
-
Todos eses teus problemas teñen a orixe, con seguridade, na túa teima por te peiteares sempre á moderna.
-
Xa sei que a cor azul non lle gusta máis que a cor verde, mais iso non é razón para que toda a súa roupa sexa unicolor.
-
Necesitei que me puxesen unha vendaxe na man porque a escordei onte mentres facía ximnasia no colexio.
-
Todos á abordaxe!, berrou o capitán do barco ao tempo que el xa comezaba a correr.
-
Mira a plumaxe desas pombas: cada unha ten unha cor diferente, nunca antes vira semellante variedade.
-
Na última asemblea decidiuse por unanimidade darlle unha homenaxe ao noso vello profesor de galego.
-
Ofendeuse a causa da énfase que o seu parente puña en defender perante el o seu maior inimigo.
-
As eclipses de Sol e Lúa son fenómenos que se producen moi esporadicamente.