- Deulle un forte abrazo.
- O demo do can traboume.
- Fun vender un bacoriño/ranchiño/maranquiño/ochiño
- O doutor mandoume durmir sen cabezal.
- Que alegría me causaches!
- O leite aínda está tépedo.
- Limpa a borralla da lareira.
- Sempre se beixan ao marcharen.
- Non ouses voltar por aquí.
- Armaron unha boa liorta.
- Mete as camisas no roupeiro.
- Atinaches ben co camiño?
- Achega esa cadeira.
- Vou prender o lume, que vai frío.
- Espera un anaco e verás o resultado.
- Con esta brétema é moi difícil conducir.
- Vive cerca de aquí.
- Non é doado facer ben ese problema.
- Ten fama de ser moi agarrado.
- Desde entón tenme odio.
- Sempre anda a chuchar caramelos.
- Que periódico les ti?
- Podes gardar o coche nese pendello.