O terceiro tomo titulábase “Como conseguir en tres semanas esa pel suave que causará a envexa de todos os seus amigos”.
tercer: castelanismo
tiduábase: arcaísmo
soave: vulgarismo
“É que o meu destino será erguer durante toda a miña vida monumentos a outros homes que sobresaíron polas súas virtudes?”, preguntábase con desesperación aquel famoso arquitecto.
destiño: hiperenxebrismo
moimentos: hiperenxebrismo ou arcaísmo.
vertudes: vulgarismo
Lembra con saudades aquel distante día en que decidira adquirir o coche que agora ía vender por estar moi vello.
lexano: castelanismo
adequirir: vulgarismo
ía a vender: castelanismo sintáctico
Eses dous son os que traduciron do inglés aquela novela de policías coa que tan ben o pasaches.
traduxeron: castelanismo
Que significa esa nova calumnia que inventaron os nosos adversarios para nos avergoñaren?
sinifica: vulgarismo
caloña: arcaísmo
Xa sei que viñestes despedir ao Carlos, mais iso non vos dá dereito a barullardes como se non houbese ninguén máis na estación.
Calros: vulgarismo
viñestes a: castelanismo sintáctico
Non me admira que adore así ao seu irmán máis vello: á súa idade todos tivemos algunha vez o mesmo sentimento.
ademira: vulgarismo
adoure: hiperenxebrismo
Seica hai un método infalíbel para adiviñar o porvir: examinar as entrañas dun animal morto.
entranas: hiperenxebrismo
Teño moitas ganas de que chegue o verán para poder ir á praia e ver como o sol se oculta sobre a auga no horizonte, mentres aínda podo continuar deitado.
gañas: hiperenxebrismo
hourizonte: hiperenxebrismo
Ese neno sempre nos leva a contraria en todo, non sei se será por teimosía ou por desobediencia.
Desobedencia: hiperenxebrismo