- No quinto capítulo do libro que estou a ler aparece escrita a maior parvada que nunca vira impresa.
- Roi estaba farto de que sempre lle pedisen a mesma cousa, iso que unha vez e outra se negaba a compracelos.
- Despois da accidentada viaxe en coche, por fin conseguiron chegar á cidade antes de fecharen os hoteis.
- Este home merecía un alto posto na Administración, se o seu pasado exemplar non engana.
- Ao acabar aquela longa carreira faltábame o aire e case me doía o corazón como consecuencia da axitada respiración.
- Hai que asumir que o feito de nacer xa implica que algún día faleceremos.
- Non creo que sexa certo iso que dis de que favoreceu a algúns en prexuízo doutros.
- Hai que levar moito coidado coa roupa de cores vivas: en canto as lavas unha vez perden moito e quedan máis apagadas.
- O meu fillo devece polos xoguetes de montar e desmontar, e en cambio non lle gustan nada os que funcionan con pilas.
- Tiña a consciencia perdida a causa das dores.