• Vaia cansazo que me quedou de anoar os zapatos de todos os cativos que teñen amizade co Luís! Nun día tan caloroso como hoxe xa me apetecería tomar uns amorodos con xeo e framboesa, que xantei garavanzos con feixóns.

  • Antes de subir no teleférico tiven que tomar unha pílula para a vertixe. Son un home valoroso, mais se alá arriba se me dá por ollar pola portela, e antes non tomei a vacina das alturas, vólvome un covarde.

  • Viña moi oufano porque na selva capturara un papagaio, un xabaril e un réptil velenoso. Logo trocounos por unha marabillosa sortella e unha papoula de almafí.

  • Teña coidado de non esvarar coa graxa que caeu dun automóbil nesa curva. Agora deixan as estradas cheas de sucidade e cabichas.

  • Diminúen as súas enfermidades, agora xa só ten as enxivas inchadas e un quiste encetado no calcañar; só lle faltaba que lle saíse un cacto nas engurras da empeña.

  • Dimitiu o director do club de elite que está ao pé da confeitaría. Seica o relacionaron co suborno na venda dun novo mísil ao Iraq.

  • Que non lle pasase a chuleta non é unha traizón, que el é un rancoroso e non me empresta nin un lapis; oxalá lle dea unha cambra no adestramento de hoxe.

  • Hai un novo remedio para a sífilis: medio gramo de pole de margarida, un gramo de lixivia común mesturado con gasosa sabor cola e dous gramos de morcilla castelá. Todo ben revolto e en pequenas doses. Durante o tratamento absterase de comer friames e de obter boas cualificacións en Literatura. NOTA: tamén vale para a SIDA.