- Todos os concelleiros fan o mesmo: primeiro beben un vaso de viño e logo botan a cinza do cigarro no cinceiro, por que terán ese costume?
- En primeiro lugar hai que encher unha folla de papel con palabras e logo xa buscaremos a súa interpretación.
- Cando espertou, levantou as cellas intrigado por aquel ruído, e ao recoñecelo rompeu a gargalladas.
- Quen están de acordo co proxecto que expuxo o señor Presidente?
- Tiña a completa seguridade de que ía gañar moitos cartos nalgún lugar lonxe de aquí.
- Cal é o prato que che gusta máis: as ameixas á mariñeira ou o coello con leituga?
- Aquela parella de noivos que estaba casando na igrexa parecía ser moi feliz e pensar que esa felicidade lles duraría toda a vida.
- Sei que a estes nenos lles gusta moito ir á escola porque o seu profesor lles conta relatos e tamén llelos fai escribir.
- Despois de morrer, toda a familia, chorosa, cooperou para lle pór a mortalla.
- Na praza produciuse un grande balbordo, así que nos achegamos a botar unha ollada, mais ao vermos que non tiña importancia, marchamos.