ogalego.eu
Unha das posibilidades é a correcta, premer para ver.
1. CARMEN GONZÁLEZ GONZÁLEZ:
- Nin a vermella que os delamba!
- Cando ti ías, xa eu viña de volta
- Cando ti naciches, xa eu rebulía
- Coa verdade non se lle cala a ninguén, porque se lle calas, vanche dicindo que es un tonto
- Di a castaña: en agosto arder e en setembro beber
- Como te ves eu me vin, como me ves haste ver ti
- En Santos neve nos campos
- Entre Santos e Natal inverno carudal
- Estou cun pé no estribo, fun vello e acabado e cando menos o penso hei de montar a cabalo
- Febreiriño corzo, cos seus vinte e oito, se durase máis catro non quedaba can nin gato, nin cornas ao carneiro nin orellas ao pegureiro
- Hasta la sepulturita te he de acompañar si puedo, que para mi has tenido partida de caballero
- Marzo espigarzo, abril pendoril, maio granaio, en xuño criar e en xullo segar
- Meter unha figada
- O mes de novembro, ditoso mes, que entras con Santos e despides con San Andrés
- O que de novo non traballa, de vello dorme na palla
- O que non garda o seu segredo, mal pode gardar o meu
- Quen me dera outro, porra de merda, eu non quería ter ansia de casa
- Rubio para nacente, auga de repente
- Santo de barro, santo de merda
- Se chove en xaneiro, nin boa meda nin bo palleiro
- Vós que fostes coma nós e nós habemos de ser coma vós, pedide a Deus por nós, que nós pediremos por vós
- Xaneiro xiadeiro, súbete ao outeiro, se ves verdegar bótate a chorar, se ves negrear bótate a cantar
2. MANUEL GONZÁLEZ GONZÁLEZ:
- Está coma o rei nun cesto e o cesto polo río abaixo
- O monte para dar bo pan ten que ser ben cavado, mal queimado e ben arado
- O porco medra na merda e a troita na auga
- O que en maio se molla, en maio se enxuga
- O que tarde fai a vendima, cómenlle as uvas e cáganlle na viñas
- Pedras para abaixo, lebres para arriba e mulleres para as romerías
- Primeiro de agosto, primeiro de inverno
- Se no marzo canta a arral, no maio xa calará
- Setembro, ou seca fontes ou leva pontes
3. ANXO GONZÁLEZ GONZÁLEZ:
- Á muller e á mula cada día unha zurra
- A quen non ten porcos róncanlle as paredes
As lebres para riba, as pedras para baixo, as mulleres prás romerías
- As que deixes tu, lévoas eu (dille San Migel a San Mateu)
- Botar un cuarto a espadas
- En abellas e ovellas nunca metas o que teñas pero sen algunha non esteas
- Estar á mosa -moi usado en Oíncio-
- Meterlle palla na albarda (moi utilizado no Incio)
- Ovella vella e colmea pobre en maio morre
4. XOSÉ MANUEL GONZÁLEZ GUERRA:
-
- Aínda non vin un que alá chegara
- Ánimo tripas, que está un corno a cocer
- Arde nun candil
- Desde que cae a folla vense moi ben os niños
- É unha carta falsa
- Flor de toxo, cariño puto
- Hai quen non come as pitas por curiosas
- Ladran os cans á carreira, sinal é que alguén vén, ha de ser o de onte á noite que quedou de vir e vén
- Mentres tempo non vén, sazón non pasa
- Meter fumes na cabeza a...
- O que é un cabeza louca gasta todo en roupa
- O que escaravellos manda, merda lle carrea
- O que perde unha vaca e encontra un corno, xa non perdeu todo
- O sol madrugadeiro na porta fai bulleiro
- O viño o de tódolos días, e as mulleres variadas
- Polo san Martiño o sol dura mentres o zorro salta o camiño
- Se non é por Santa Lucía xa será outro día
- Se queres ter o teu home gordiño despois de caldo unha cunca de viño
- Sonche as cabras que ten que gardar
- Xiada na lama, auga na cama
- Xusto, Pepiño, mazás coma puños
Para lles afalar ás vacas:
Ghou, para tornar a vaca
Ghouá, para que pare a vaca
Toma, para chamar a vaca
Vaca be, vaca to, para mandala para algures
Volve, para que dea a volta cando andas arando
Chica to, para tornar as becerras
Ponte, para pórse ao carro ou ao rego e para xunguir
Atrás, para pórse ao carro
Arrima, para que se acerquen aos valados cando andas arando
Agüíche, agüíche to, cando se levan a beber para que beban. Se é unha besta, asúbíaselle e reméxeselle a auga
5. XAN L. GONZÁLEZ GUERRA
- Cando o zorro anda aos grilos, mal para os pais e peor para os fillos
- Di o zorro: das cereixas aos nabos ben o pasamos, dos nabos ás cereixas veñen as queixas
- Home lunerio non é bo colleiteiro
- Home luneiro nin boa meda nin bo palleiro
- O amieiro arde no bulleiro
- O caíño é o pai do viño
- O que está en casa allea, se ben está ben estea
- Un día de pica boi
- Tócalle o birimbao que non é gaita nin é pao
**Algún léxico propio de Trasar:
Canabucho: chamábaselles canabuchos ou canavuchos ás espigas de millo que non ían ao hórreo, xa por seren moi pequenas ou por seren deformes. Como este millo non servía para fariña, os canavuchos xa non se esfollaban e gardábanse nun sitio seco para seren utilizados todo o ano. Utilizábanse como complemento alimenticio para o gando e na miña casa dábanselles sobre todo aos bois cando tiñan moito traballo.
Pegota/peghota: broma ou inocentada propia do día 28 de decembro. Pode ter que ver con algo que se pega nas costas da persoa burlada.
Corrofellos: mazás pequenas coma castañas que quedan ao final da tempada na maceira (Pilar Guerra)
Dente de angrón: herba medicinal para comer o sangue nun derrame (haina na beira dos regatos)