- Sempre tiven coche de meu.

- Este frigorífico custarache os seus cincocentos euros.

- Xa andan os da clase do lado a facer das súas.

- Polo que vexo, os teus nunca van ao fútbol.

- Ese nunca chegará a ter casa de seu.

- O Paulo xa che ten os seus vinte anos.

- Meu queridiño, que mal o pasou!

- Xa tomou as súas píldoras.

- O meu Carliños aínda non vai á escola.

- Xesús ten de comer de seu, non pasa fame.

- Os meus sempre van no verán á praia.

- Aquel cativo era intelixente de seu.

- Outra vez vén cos seus chistes baratos.

- Temos dúas piscinas de noso.

- E logo, como anda hoxe o noso amigo?

- É moi de teu deixar todo esparexido polo chan.

- Deica a Rúa hai os seus cen quilómetros.

- Os seus non a deixan saír despois das dez da noite.

- Non creo que volvan xa ao seu.

- Fronte súa todas as faces sorrían.

|