1.- ANÁLISE MORFOLÓXICA E SINTÁCTICA |
||
1.- O home mallaba nela, deixouna moi mal 2.- A aquelas amigas miñas non lles saíron ben as frases 3.- Os mozos presenciaron entusiasmados a victoria do Dépor 4.- Alguén comía no queixo mentres eu vía o Luar na Galega 5.- Meu pai contemplou absorto a derrota do Celta 6.- Non lle me gustan as teleseries 7.- Ao chover, énchense de lama as corredoiras 8.- Ultimamente a miña cadela non che me come nada 9.- Saíu con María pola Ferrería cara ao Campiño, púxose moi contento 10.- O Teucro foi aplaudido polo público 11.- Hai moito listiño nesta aula 12.- O meu instituto éche branco e está moi pintadiño 13.- Ese premio foille entregado a Luís polo mesmísimo director 14.- Antón está canso, deitouse tarde, ergueuse cedo e saíu a fume de carozo |
||
2.- ANÁLISE SINTÁCTICA |
|||||||
1.- Ledicia déuchelle un bico na fronte a Felipe e púxose contenta porque o quere ou está namorada, pero despediuse del despois de bicalo, dixo que ía á perruquería que está diante da catedral. Se a voda é bonita, meu pai chorará aínda que miña nai ría tanto como poida. 2.- Mario é parvo, quedou cortado cando lle dixen iso e colléucheme da man. Pensou que o agardaría na rúa que está diante do Sánchez Cantón. 3.- Aínda que llo diga pronto, non me crerá se non estás ti alí. Resulta divertido andar con parvadas que logo son certas. 4.- Antonio aprobouche o exame porque estudou moito aínda que non lle quedan as cousas na cabeza, pero ten vontade e chégalle. 5.- Elías déuchelle unha pancada na perna a Manuel e púxose furioso porque o odia ou está enfadado, mais despediuse del despois de maltratalo, dixo que ía á libraría que está diante da Peregrina. Se a igrexa é bonita, os turistas gozarán da vista aínda que os guías falen tanto que queden roucos. Algúns turistas son asaltados por persoas que lles piden algo. Se non llelo dan, piden, piden e piden 6.- Aínda que Noa falte, a profesora non se enfadará pero poñeralle falta e dirallo ao titor se o atopa no corredor. Cando llo diga, non se enfadará porque é un bo titor ou ten debilidade polo seu alumnado. Díxome que os alumnos que faltan ás clases é para estudaren na casa, polo tanto é un mal menor. O cartafol está onde ela o deixou, está como ela o deixou de xeito que se lle vexa a foto de Castelao. Faltar ás clases é moi malo. |
|||||||
2005-2011 |