Texto tomado de Galicia-Suroeste.com:
HISTORIA:
O tío Feliciano “O Lustres” fora amigo e compañeiro de navegación do capitán da mariña mercante don Augusto Lustres Rivas.
O capitán Lustres mandaba o pailebote (paquebote) Constantino Candeira botado nos estaleiros da empresa Candeira Pérez Hnos. (Constantino e Matías Candeira Pérez) en 1915.

Momento da botadura do pailebote “Constantino Candeira” de 300 TRB no Pasaxe (Camposancos) en 1915. Foi un acontecemento “multitudinario” como ó demostran as fotografías feitas polo fotógrafo Mariano Jiménez Huete
Este pailebote de tres paos quedou varado no baixo “Robaliseira” do 10 ao 11 de xaneiro de 1924, en plena galerna e con fortes correntadas do río Miño. Preto dos mesmos estaleiros Castro Barcia, onde quedaron os restos do buque de pesca “Lustres” que hoxe mencionamos.
O capitán Augusto Lustres Rivas foi famoso debido ó libro de poesías da autoría de don Manuel Antonio Pérez Sánchez, máis coñecido como Manuel Antonio.