NAVY BAR (Manuel Antonio, De catro a catro) anglicismo para o típico bar de ambiente mariñeiro que abundaba nos peiraos
9º poema do libro. Despois das intencións, o barco, a travesía, a contemplación, a soidade, o afogado, a garda, o peirao, vén agora o bar mariñeiro.
...ESTE bar ten balances
...E tamén está listo
para se facer á vela facerse á vela: partir
Identifica o bar co barco: como el ten balanceos. O poeta está listo para partir dentro del.
...Enchéronnos o vaso
con toda a auga do Mar sempre en maiúscula o Mar
para compor un cock-tail de horizontes cock-tail: bebida preparada mesturando varios licores
O licor que bebemos é como a auga do mar, repetido e de moitos sitios. Monotonía.
...Pendurados das horas colgados das hora, parados
...atlas xeográficos de esperantos esperanto
están sen tradución
...E tatexan as pipas tatexar: falar entrecortadamente. Personificación
co ademán políglota das bandeiras ademán: aceno; políglota: que fala varias linguas
O tempo está parado, non pasa. Non entendemos nin coñecemos aos estranxeiros que están ao noso lado
...Ese cantar improvisado
....................................é o mesmo repetición continua de mesmo: monotonía
que xa se improvisou nalgures logo non é improvisado, é repetido, sempre igual, xa escoitado noutros bares
...Quen chegou avisándonos
desa cita nocturna que temos
co vento ao N.E.
na encrucillada das estrelas apagadas? encrucillada: cruce de camiños
Cita nocturna, mais sen estrelas que nos guíen nin vento: desorientados, perdidos, sen rumbo
...Aquí bebe de incógnito
O Mariñeiro Descoñecido en maiúsculas o mariñeiro perdido, descoñecido
-sen xeografía nin literatura- non lle coñecemos a terra nin os sentimentos
...A noite dos naufraxios
...co seu brazo salvavidas
...aferrará connosco unha vela de chuvascos aferrará: amarrará
A noite tentará salvarnos do naufraxio
...O vaso derradeiro
estaba cheo de despedidas
O último vaso que tomemos será un adeus, unha despedida
...Polas rúas dispersas polas rúas perdidas do porto mariñeiro
iámonos fechando
cada un dentro da súa alta mar
O interior de cada un é como a alta mar, un lugar inmenso e invadido pola soidade, un lugar afastado de todo no que canto máis se adentra máis só se sente.
...No repouso dalgún vaso
tódalas noites naufraga o Bar. agora bar está escrito con maiúscula porqe non só se identifica co barco (naufraga), tamén co poeta que naufraga ou fracasa. O repouso do vaso é o símbolo do fracaso do poeta.
Como no poema anterior, o poeta segue en terra e de noite. Acode ao bar mariñeiro en procura de algo novo e non atopa máis que sensacións xa coñecidas e repetidas; polo que se sente aínda máis só. Outro fracaso e unha nova despedida.
Xosé Luís Méndez Ferrín publicou no Faro de Vigo (14-3-08) un interesante artigo sobre este poema
Trazos da poética máis tradicional: |
Trazos máis vangardistas: |
Anxo González Guerra e Vitoria Ogando Valcárcel
Véxase agora o poema de Manuel Antonio:
NAVY BAR ...ESTE bar ten balances ...Enchéronnos o vaso ...Pendurados das horas ...Ese cantar improvisado ...Quen chegou avisándonos ...Eiquí bebe de incónito ...O vaso derradeiro ...Polas rúas dispersas ...No repouso dalgún vaso |
Todos os poemas están perfectamente explicados por Manuel Castelao en Manoel-Antonio De catro a catro, Laiovento, 2010