1. baca: plataforma dos coches –vaca: mamífero común que dá leite
    2. barón: título nobiliario –varón: o oposto a muller
    3. bacante: sacerdotisa –vacante: que non está ocupado
    4. barra: peza metálica –varra: subxuntivo de varrer
    5. barro: masa de auga e terra –varro: presente de varrer
    6. boa: serpe; feminino de bo –voa: presente de voar
    7. bacilar: relativo aos bacilos –vacilar: dubidar
    8. bascular: oscilar, facer un movemento en sentido vertical –vascular: relativo aos vasos sanguíneos
    9. bocal: embocadura da gaita ou doutro instrumento musical -vocal: relativo á voz
    10. baga: cápsula que contén a semente dalgunhas plantas –vaga: onda grande; preguiceira
    11. basto: mesto, que está moi xunto –vasto: extenso, amplo
    12. botar: facer saír; dar botes –votar: depositar o voto
    13. bago: uva –vago: non concreto
    1. bate: presente de bater –vate: poeta
    2. boto presente de botar –voto: presente de votar; sufraxio; promesa
    3. balor: mofo –valor: valentía
    4. bela: fermosa –vela: vixilia; pano do barco
    5. bou: embarcación –vou: presente de ir
    6. ben: oposto a mal–ven: presente de ver; imperativo de vir
    7. cabo: promontorio; final; etc. –cavo: presente de cavar
    8. rebelar: poñer en contra –revelar: dar a coñecer
    9. bario: metal, símbolo Ba –vario: variado
    10. nabal: leira na que hai nabos –naval: relativo ás naves
    11. be: letra –ve: presente de ver
    12. acerbo: acedo, áspero –acervo: conxunto de bens comúns
    13. rabo: apéndice da columna vertebral –ravo: planta de raíz comestible