- Para chegarmos a tempo, cómpre bulirmos.
- Despois de saírdes, fechade a porta.
- Ao pendurares o xamón, rompiches a cadeira.
- Comprou coche para chegar antes ao traballo.
- Enfadeime con eles por falaren mal de min.
- Tireille unha foto para ter unha lembranza del.
- Non pode haber dificultades para usarmos o galego sempre.
- Non poñas tantas dificultades para me emprestares o libro.
- Non é tan difícil gañaren a partida.
- Sen comprardes fariña, non poderedes facer o pan.
- Ao recoller os cinceiros, rompeu un.
- Rebaixáronlles o soldo por faltaren moito ao traballo.
- Non se dan posto de acordo para faceren unha folga polo convenio.
- Xa vai sendo hora de rematardes os exercicios.
- Non paga a pena ires andando ata o centro.
- Sería máis custoso poñerdes a banda ancha.
- De sabérmolo xa non estariamos alí.
- Por andar de esmorga decote, estraguei o fígado.
- Sen dárdeslle propina, non conseguiredes un bo asunto.
- Tiveron que viaxar dous días con motivo de entregárenche o premio do concurso.
- Con andares a facer subornos, pouca sona vas coller.
- Para arranxármoscho hoxe, terás que deixalo aquí.
- Recoñeceu serdes os primeiros en chegardes a Riazor.
- Para poder falar, debe pedir a palabra primeiro.
- Paciencia, que non é preciso pórmonos dese xeito.