- Houbera aquela catástrofe ecolóxica antes de vivirmos na Coruña.
- Xa estivera na casa antes de reformala.
- Fixéralo tan ben que non me decatei.
- Xa o soubera el antes de que eu llo lese en Tempos Novos.
- Daquela vez detivéranme para evitaren riscos.
- Díxome que o quixera rachar onte.
- Parecíalle que cando viñera a outra vez estaba máis rexo.
- Nunca fora á Arxentina, mais co aquel do centenario do Centro Galego cumpriu o soño.
- Antes daquela xa tivera outras doenzas similares.
- Rexeitou o cargo porque xa fora presidente outra vez.