- Despois de marchares, púxose a recitar.
- Ao contármosllelo, desfacíanse en gargalladas.
- Ao sacáreno do coche en chamas, xa era demasiado tarde.
- Cómpre andardes máis lixeiros para chegardes con tempo.
- Nesta piscina fai falta saberdes nadar.
- Non é necesario mergullárdesvos ata o fondo.
- Non estaría mal colleres o primeiro tren para Ourense.
- De seres un bo fillo, faríasme moitos presentes.
- De os indios seren sempre os bos, esas películas veríanse menos en USA.
- De non vendermos os electrodomésticos, non teremos nin para comer.
- De non te presentares a retreta, darante por desertor.
- Para achardes ouro, teriades que vir cen anos antes.
- Para melloraren as publicacións, habería que modernizar a imprenta.
- Despois de saíren do prelo, xa faremos a revisión da segunda edición.
- De contarmos con el, non estariamos agora parados.
- Non estaría mal recoñecerdes a nosa superioridade.
- De non te comportares doutro xeito, acábase a amizade.
- Para se conservaren eses animais salvaxes, habería que protexer máis certas paraxes.
- Ao darllos, xa se puxo a espallalos polo chan.
- De irmos ao Porto, pasariamos por Tui.