- Despois de chegarmos, puxémonos a conversar un anaco.
- Por non estudares nada, vas levar un suspenso.
- Ao morrer nácese outra vez.
- Para chegarmos a esa conclusión cumpriría vermos novas probas, e que nos puxésemos a traballar en serio.
- De chegares a algo, non será polos esforzos que ti mesmo fas.
- Ao decidirmos o futuro da empresa cometemos graves erros de apreciación comercial; ben nos debiamos decatar de que a realidade era outra, e pór os alicerces dunha sociedade competitiva nas novas tecnoloxías da información.
- Sen realizardes algunhas melloras na explotación nunca tiraredes grande rendibilidade; con facerdes a estabulación libre e uns silos máis amplos, xa poderiades producir a bo prezo na S.A.T. Os Parentes.
- Decidimos facer unha longa viaxe aos Estados Unidos para vermos o sitio onde caeron as Torres Xemelgas no 2001 e apreciarmos as belezas da cidade; en caso de achármonos a gusto, prolongariamos a estadía.
- Entre saírmos nós e chegares ti non pasou unha hora.
- Perderon unha boa cantidade de diñeiro ao rexeitaren o premio por diferenzas coa Xunta.
- Gustaríanos moito podermos participar nesa competición atlética, facilmente puidésemos chegar á final.
- Por non estares na casa non che puidemos entregar os telegramas.
- Xa ía sendo tempo de acabares a obra, aínda que, certamente, se che presentaron moitos problemas.
- Tras expórmoslle a cuestión, decidimos actuar, dese o seu consentimento ou non.
- Sempre vos repito esta frase: estardes atentos é moi raro.
- Non vos lembrades que a pouco de entrardes comezou a orquestra a tocar e xa vos puxestes a bailar?
- Con motivo de saíren as listas de aprobados demos unha pequena festa.
- Ao demostrármoslles eu e mais ela que a solución non era esa, puxéronse furiosos, mais non tiveron outro remedio que dárenche a razón.
- Ao chover, énchense de lama as corredoiras.
- De encontrares petróleo nas túas terras, converteraste nunha das máis ricas da aldea.
- Iso é como confundir o touciño coa velocidade.
- Non lle contes o segredo ata marchares/marchar.
- Despois de reincorporármonos ao traballo teremos que revisar o feito polos substitutos.
- Non estaría mal dedicármonos un pouco máis ás lecturas en galego, non só para pasarmos mellor o tempo, senón para adquirirmos coñecementos novos sobre a patria.
- Xa albiscou algo diso ao saíren todos xuntos da cafetería.
- Escoitaron moitas felicitacións por iren tan ben conxuntados o martes de entroido.
- Prometeunos montóns e moreas por conseguirmos uns resultados tan satisfactorios.
- Falásteslles de todo, desde integrárdesvos no seu grupo de afeccionados ata construírdes o desexado veleiro entre todos.
- Ao sentares na cadeira, partícheslle unha pata e houbeches caer.
- Entre entregaren as armas ou morreren coas botas postas, os soldados americanos escolleron o primeiro.
- Con estes discursos non fas máis que aborrecéresnos.
- Dedicábase a vixiar o inimigo desde a atalaia.
- Con mercármosche o negocio non che resolveremos a situación financeira.
- De sabéreno os enxeñeiros, pódenche retirar o permiso.
- Antes que convocaren eleccións, preferiron formar outra alianza de dereitas.