- Quizais conclúa os traballos preparatorios.
- Quizais os convenzamos de contado.
- Quizais traduzamos algúns textos do italiano.
- Quizais nomeemos os máis capacitados para este posto.
- Con tanto ruído na rúa quizais toleedes.
- Quizais amontoen todo, coma sempre, no cuarto.
- Quizais roia todo o queixo.
- Quizais moiades o millo xa co novo muíño.
- No xantar de mañá quizais riamos coas túas historias.
- Quizais eles crean todas as túas afirmacións.
- Quizais saian antes os vermellos.
- Quizais cambie viño por aceite na Feira Franca de Pontevedra.
- Quizais afíe o coitelo para sangrar os porcos na matanza.
- Quizais nos substitúan por outras mellores.
- Quizais diluamos todos os compostos.
- Quizais durma como un rei esta noite.
- Quizais vos sirvamos con todo o luxo posíbel.
- Quizais caiba todo o viño dentro da pipa.
- Quizais digas unhas palabras de recibimento.
- Quizais vos afagades moi ben nesa vila tan agradábel.
- Quizais mañá traia o libro das normas de circulación.
- Quizais teñamos moito traballo atrasado polas vacacións.
- Quizais sexas a actriz máis coñecida de Galiza.
- Quizais poña os grelos a ferver polas doce.
- Quizais viñan todos os compañeiros á festa.
- Quizais alí poida facer o que lle pete.
- Quizais entón vallan moito máis do que hoxe.
- Quizais non saiba o que facer contigo nun lugar descoñecido.
- Quizais a Noite Vella vexamos a televisión ata as catro da mañá.
- Quizais extraiades algunhas conclusións do noso traballo.
- Quizais queiramos todos o mesmo asento no autobús.
- Quizais haxa frautas para todos os gustos.
- Quizais o resultado equivalla á suma do gastado.
- Penso que quizais os deteñan na alfándega.
- Á tarde quizais oiamos os resultados pola radio.
- Quizais vaiamos a Cuba este Nadal.
- Quizais faga todo o que ti esqueciches.
- Quizais te estean agardando na porta de Balaídos.
- Quizais me dean unha boa nota neste exame.
- Ao vérennos quizais fuxan a toda a présa.
- Quizais minta un pouco, segundo o seu costume.
- Quizais non caibamos todos en Pasarón.
- Quizais saiban polo xornal todo o que aconteceu co Deportivo.
- Quizais non che queira ninguén ese produto.