1. A avoa sente moito as túas desgrazas.
  2. A literatura galega rexorde no século XIX.
  3. Eses pillabáns méntenche descaradamente.
  4. Boles moito facendo os exercicios.
  5. Feren as perdices, mais non as collen.
  6. Axiña sobes as escadas ata o 3º andar.
  7. Os cans foxen co rabo entre as pernas.
  8. Agora sérvesme con moito agarimo.
  9. Acoden alí como as moscas ao mel.
  10. Advírtenme das dificultades do proxecto.
  11. Durmo moi a gusto escoitando caer a choiva.
  12. Xa sei que toses para demostrar o teu desgusto.
  13. Segues a cantar as mesmas cantigas.
  14. Encobren moi ben os feitos.
  15. Mide mal as distancias.
  16. Os veciños non consenten tales cousas.
  17. A Amantia loce un precioso pano bordado.
  18. Nada conseguen con eses argumentos.
  19. Moito lle fonde no traballo.
  20. Persegues os mesmos obxectivos ca min.