1. O que nós dicimos vai á misa.
  2. Estou agardando a que me poñas a inxección e comezo a cansarme.
  3. Xa que non fago falta aquí, voume.
  4. Cando ti me vés ver, algo raro acontece.
  5. Como ves, xa cho teño todo en orde.
  6. Ides todo recto e despois colledes á esquerda.
  7. Eu poño do bolso a metade do orzamento da sociedade.
  8. Cando el pon cara de ferreiro, hai que liscar.
  9. Se ti pos outro tanto, acepto.
  10. Iso non é conveniente para vostede.
  11. Tes que decidirte dunha vez.
  12. Martiño ten un xenio condenado.
  13. Nós temos os mellores exemplares porcinos da zona.
  14. Sempre sodes os mesmos os que trepades a herba do xardín.
  15. Eles teñen moito que contar das súas viaxes.
  16. Pero non vedes que vos estades a pasar co rapaz?
  17. Os pais sempre ven as cousas desde outra perspectiva.
  18. Cando vén o teu curmán que está en Irlanda?
  19. Vós vides/vindes algo cedo de máis.
  20. Non fai falta que te poñas tan serio.