- Eles non son quen de dicirche iso.
- Os que queiran, que marchen xa.
- Quen che inventou ese alcume?
- A que lle vén tanta saña?
- Onde hai fume, hai lume.
- Deixaches aí o reloxo, mais ulo?
- U-la labarada da que me falaches? Eu non vexo nada.
- As angueiras son as que acaban con ela.
- Boteille ese resolio na mancadela, o que/cal produciu aínda máis proído.
- Quen era o que estaba axexando?
- Construíron un xardín que dá xenio velo, o cal/que é bastante raro nesta cidade.
- Cando teña cartos fareille un tobo ao can, co cal/que xa non andará por aí de buraco en buraco.
- Non eran eles quen andaban roufeñando toda a noite.
- De onde viñas onte a aquelas horas da noite?
- Vendeu canto lle deixaron os pais.
- U-la froita que mercaches?
- Todos os días leo un bo anaco, o que/cal mellora a miña formación.
- Estou moi nervioso,o que/cal non é nada bo.
- Cales/que/cantos pasaxeiros van nese avión?
- Baixou á cociña, onde colleu a botella de auga.
- Quen eran os xogadores que gañaron o mundial de 2010 de fútbol?
- De todos os gañadores do Tour de Francia, cal/quen é o teu preferido?
- Sempre vivín onde quixen, non onde me obrigaron
- U-los euros que che deixei onte?
- Agora hai moitos chineses que falan galego, son os que veñen traballar aquí