- Cando ía polo carreiro, a silva rachoulle a camisa.
- Aquel barbeiro non o/a rapou a xeito.
- Nunca o/a convencerá de marchar.
- Que non confíe máis nese amigo, vendeuno/na na primeira ocasión.
- E eu que o coidaba máis esperto!
- Cibrán rexeitoulle os argumentos aquel día.
- Non sei se lle salientei ben o que me interesaba.
- Esa desgraza marcouno/na para o resto da vida.
- Moito lle/o/a quere aínda que non o recoñeza.
- Que non faga caso cando lle sorría así.
- Coidado coa praia, pódeo/a torrar//pode torralo/la o sol.
- Foi un veciño quen o/a/lle axudou a subir á maceira.
- Hoxe gañoulle o Pedro, ten que xogar mellor.
- Bateu tan forte que lle fendeu a porta.
- A cámara enfocouno/na perfectamente esta vez.
- Non traio nada para el/ela, este ano esqueceuno/na o xefe.
- Ese viño embebedouno/na sen se dar/darse conta.
- Onde se colocou para saír tan ben na fotografía?
- Repítolle o que xa lle contara na festa.
- Tal labazada lle deu que o/a chantou no chan.
- Estaba tan doente que o/a tiñan que espir//tiñan que o/a// que espilo/la e todo.
- Xa ao entrar, recoñecino/na pola voz.
- Xa estou cansa de lle dicir/dicirlle que ese guindastre o/a pode esmagar//esmagalo/la se se pon aí.
- Seica lle dixo o bispo que se podía retirar/retirarse cando lle parecese mellor.
- Como lle latexa o corazón, que non se asuste, que non é para tanto!
- Non o/a quixen magoar//quixen magoalo/la, que perdoe.
- Non fai máis que se illar/illarse dos compañeiros, tense que sentir//ten que se sentir//ten que sentirse cómodo e deixarse levar polo bo humor.
- Voulle quentar/quentarlle a auga para que se poida bañar/bañarse axiña.
- Canto o/a amou mentres non o consumiu a enfermidade!
- Penseille arranxar/arranxarlle o cuarto canto antes.
- Xa escampou, déixolle o paraugas onde estaba.
- En canto lle vendeu a dorna o señor Pedro?
- Si, home, botouno/na fóra por lle soar/soarlle o móbil.
- Ben me lembro de cando lle bateu cun croio na cabeza.
- Esas cores tan fortes pódenlle producir/producirlle molestias na vista.
- Se non deixa de facer trasnadas, vouno/na ter que pexar//telo/la que//ter que pexalo/la como a un cabalo.
- Hai que ver o ben que o/a agasallaron hoxe.
- Que lle receitou dona Inmaculada, esa doutora que tan ben lle cae?
- Por ir ás arrasadeiras mallouno/na o pai.
- O luns caíanlle uns lóstregos arrepiantes.
- Que ben lle recende a roupa!
- A nugalla non o/a deixa erguer a tempo.
- Que se retire de aí ou guíndoo/a á auga.
- Case lle oín todo.
- Que se poña a comer e que lle aproveite!
- Que lle augurou a súa fada madriña?
- Mañá recollereille os libros.
- Dareille un aprobado para que se alegre.
- Entón puxareino/na e el fará como que cae.
- Que sente aí e non se mova, que lle vou procurar/procurarlle un calmante.
- Demasiado lle sorriu a fortuna este Nadal, que non se faga o parvo.
- Talvez lle xurdan novas posibilidades, que se vaia preparando/que vaia preparándose.
- Quen o/a pariu, que o/a lamba!
- O que o/a afundiu foi unha vaga.
- A crise afundiulle a empresa.
- Atopeino/na a rillar no chocolate.
- Andáballe un rato comendo/coméndolle no queixo.
- Sempre o/a lembrarei, páselle o que lle pase!
- Ese médico sandouno/na e nada lle pediu a cambio.
- Os reféns saíronlle ilesos do banco.
- Xamais o tratarei como un escravo, que non se queixe.
- Por lle cantarmos/cantármoslle esa cantiga, puxéronnos unha multa.
- Se cadra, foron os toxos os que o/a espiñaron.
- Meteuno/na nun portal e tiroulle a carteira.
- De seguiren así, pouco lle van regalar/regalarlle.
- O vento rachoulle a saia e deixouna toda esfarrapada.
- Como o/a distribuíron na aula? Que lugar lle correspondeu?
- Saudeino/na cando se dispuña a cantar.
- Algúns procurábano/a para lle entregar/entregarlle un presente.
- Se lle proe, que se rañe.
- Non o/a deixou falar.
- Ese resolio melloraralle a voz.
- Por que lle/o/a chaman maragato?
- Díxenlle, dígolle e direille que o/a/lle quixen, quéroo/a/lle e querereino/na/lle como nunca ninguén o/a/lle quixo a vostede.
- Se lle saíron ben todas as frases, que se contente, que xa sabe diferenciar te de che.