- Lembro que te ollou fixamente.
- Esa luz non é boa para che proxectar/proxectarche a imaxe.
- Cando ías polo carreiro, a silva rachouche a camisa.
- Aquel barbeiro non te rapou a xeito.
- Nunca te convencerá de marchar.
- Non confíes máis nese amigo, vendeute na primeira ocasión.
- E eu que te coidaba máis esperto!
- Cibrán rexeitouche os argumentos aquel día.
- Non sei se che salientei ben o que me interesaba.
- Esa desgraza marcoute para o resto da vida.
- Moito che/te quere aínda que non o recoñezas.
- Non fagas caso cando che sorría así.
- Coidado coa praia, pódete torrar/torrarte o sol.
- Foi un veciño quen te/che axudou a subir á maceira.
- Hoxe gañouche o Pedro, tes que xogar mellor.
- Bateu tan forte que che fendeu a porta.
- A cámara enfocoute perfectamente esta vez.
- Non traio nada para ti, este ano esqueceute o xefe.
- Ese viño embebedoute sen te dares/dáreste conta.
- Onde te colocaches para saíres tan ben na fotografía?
- Repítoche o que xa che contara na festa.
- Tal labazada che deu que te chantou no chan.
- Estabas tan doente que te tiñan que espir/tiñan que te espir/ tiñan que espirte e todo.
- Xa ao entrares, recoñecinte pola voz.
- Xa estou cansa de che dicir/dicirche que ese guindastre te pode esmagar/esmagarte se te pos aí.
- Seica che dixo o bispo que te podías retirar/retirarte cando che parecese mellor.
- Como che latexa o corazón, non te asustes, que non é para tanto!
- Non te quixen magoar/magoarte, perdoa.
- Non fas máis que te illar/illarte dos compañeiros, teste que sentir/tes que te sentir/tes que sentirte cómodo e deixarte levar polo bo humor.
- Vouche quentar/quentarche a auga para que te poidas bañar/bañarte axiña.
- Canto te amou mentres non o consumiu a enfermidade!
- Penseiche arranxar/pensei arranxarche o cuarto canto antes.
- Xa escampou, déixoche o paraugas onde estaba.
- En canto che vendeu a dorna o señor Pedro?
- Si, home, botoute fóra por che soar/soarche o móbil.
- Ben me lembro de cando che bateu cun croio na cabeza.
- Esas cores tan fortes pódenche producir/producirche molestias na vista.
- Se non deixas de facer trasnadas, voute ter que pexar/vou terte que pexar /vou ter que te pexar/vou ter que pexarte como a un cabalo.
- Hai que ver o ben que te agasallaron hoxe.
- Que che receitou dona Inmaculada, esa doutora que tan ben che cae?
- Por ires ás arrasadeiras malloute o pai.
- O luns caíanche uns lóstregos arrepiantes.
- Que ben che recende a roupa!
- A nugalla non te deixa erguer a tempo.
- Retírate de aí ou guíndote á auga.
- Case che oín todo.
- Ponte a comer e que che aproveite!
- Que che augurou a túa fada madriña?
- Mañá recollereiche os libros.
- Dareiche un aprobado para que te alegres.
- Entón puxareite e ti farás como que caes.
- Senta aí e non te movas, que che vou procurar/procurarche un calmante.
- Demasiado che sorriu a fortuna este Nadal, non te fagas o parvo.
- Tal vez che xurdan novas posibilidades, vaite preparando/preparándote.
- Quen te pariu, que te lamba!
- O que te afundiu foi unha vaga.
- A crise afundiuche a empresa.
- Atopeite a rillares no chocolate.
- Andábache un rato comendo/coméndoche no queixo.
- Sempre te lembrarei, pase o que che pase/páseche o que che pase!
- Ese médico sandoute e nada che pediu a cambio.
- Os reféns saíronche ilesos do banco.
- Xamais te tratarei como un escravo, non te queixes.
- Por che cantarmos/cantármosche esa cantiga, puxéronnos unha multa.
- Se cadra, foron os toxos os que te espiñaron.
- Meteute nun portal e tirouche a carteira.
- De seguiren así, pouco che van regalar/regalarche.
- O vento rachouche a saia e deixoute toda esfarrapada.
- Como te distribuíron na aula? Que lugar che correspondeu?
- Saudeite cando te dispuñas a cantar.
- Algúns procurábante para che entregar/entregarche un presente.
- Se che proe, ráñate.
- Non te deixou falar.
- Ese resolio mellorarache a voz.
- Por que che/te chaman maragato?
- Díxenche, dígoche e direiche que te/che quixen, quérote/che e querereite/che como nunca ninguén te/che quixo a ti.
- Se che saíron ben todas as frases, conténtate, que xa sabes diferenciar te de che.