a) Tratando de ti a un interlocutor.
- Vaia sarandón que che caeu esta noite!
- O meu rapaz case non che proba bocado.
- Algúns fóronche ao cine ver A lingua das bolboretas.
- Hoxe téñoche ganas de ver a Minia.
- Canto che me doeu onte a barriga!
b) Tratando de vostede a un interlocutor.
- Que si, que lle caían folerpas coma puños!
- A min pouco lle me gustan, tanto a caza coma a pesca.
- Fíxoselle alcohólico de tanta cervexa.
- “Antes habíalle máis decencia”, dixo o Martiño.
- Contóulleme cada mentira, ese lampantín!
c) Tratando de ti a varios interlocutores.
- Non vos fumo porque prexudica a saúde.
- Haivos un libro que trata diso.
- Vaia sorte que vos tiveron o Paulo e o Moisés coa quiniela!
- O mestre nunca me vos colleu polas orellas.
- Onte case vos nevaba.
d) Tratando de vostede a varios interlocutores.
- Alba estúdalles a lingua deste cornello da Península.
- Varios deles fóronlles de vacacións a unha casa rural do Incio.
- Onte rinlles moito cos chistes de Currás.
- Merqueilles unhas cortinas moi fermosas en Camariñas.
- Voulles mudar da casa para unha rúa peonil.
e) Nestas frases pódese colocar o pronome de solidariedade?.
- Non, o suxeito é a 2º persoa.
- Si. Por exemplo: Marco Polo si que vos viaxou polo mundo!
- Si. Por exemplo: Como lle mudaron os tempos!
- Non, o suxeito é a 2º persoa.
- Non, o suxeito é a 2º persoa.