- Os teus falcóns son bos cazadores.
- As súas camisas están esfarrapadas.
- As túas chaquetas son de la.
- As nosas medias son moi finas.
- Non encontro os meus xerseis.
- Aínda non recolleron os seus calzóns.
- As súas saias son vermellas.
- Empréstame o teu abrigo.
- Podes pendurar aí o seu chapeu.
- Bota na pía de lavar os teus calcetíns.
- A túa gravata é negra.
- Os vosos suxeitadores xa están enxoitos.
- As nosas calzas son de boa calidade.
- Podes pór a súa bata.
- A nosa casaca está raxada.
- As vosas mandiletas teñen unhas cores moi sufridas.
- O teu cinto é de coiro.
- Puxen unha flor na súa lapela.
- Son bos cazadores eses furóns teus/eses teus furóns.
- Aqueles compañeiros teus estiveron por aquí.
- Aqueles rapaces eran amigos seus.
- Onte viñeron os meus avós/meus avós de Montevideo.
- A túa tía/túa tía é millonaria.
- A súa esposa está doente desde hai un mes.
- Iso é cousa túa.
- Foi culpa súa.
- Sempre vai diante túa.
- Estaba alí mesmo, por debaixo nosa.
- Non o ves, e iso que está detrás vosa.