Composición libre, pódense usar diferentes formas do demostrativo.
Mais, velaí unhas propostas:
- Para esa tarefa non me cómpre ese trebello, senón estoutro e mais aqueloutros de alá.
- Iso vaiche resultar moi difícil.
- Despois de se decataren diso, tiveron que desaparecer daquela casa.
- Eu prefiro iso, mais é algo máis caro que isto.
- Estes vídeos están algo pasados de moda, eses están moito mellor.
- Nese mesmo lugar saíuse da estrada meu pai cando tiña aquel deportivo vermello.
- Con esa amplificación non se escoitan nada ben estes grupos folclóricos.
- Todo isto que ves fíxeno eu con estas manciñas tan xeitosas.
- Esta bicicleta estática custoulle á Mila moitas suores.
- Se o fas desta maneira conseguirás mellores resultados.
- Colle eses pasteis e deixa este para teu curmán.
- Este verán moito nos divertimos; aqueles italianos eran do máis simpático.
- nesta aquela casa faise o que eu mando, non vos esquezades diso.
- Tráeme aquilo de alá, que con isto non me arranxo.
- O gañador non é ese nin este nin aqueloutro; son eu, así que a enfastiarse.
- Este ano os do Breogán gañaremos a liga ACB grazas a estes dous reforzos americanos tan altos e anotadores.
- Daquela auga non beberei eu.
- Con esas cartolinas vaiche resultar moi feitiño.
- Eta banda deseñada é tan boa como aquela que me ensinaches o ano pasado.
- Aquilo si que era vivir, todo o día estomballado co bandullo ao sol.
- Deixa iso aí onde está.
- Que ben saben esas galletas! Déixame probar unha...
- Daquela aínda non se tiña ás mesas.
- Con aquilo do aniversario chegou o módem soñado.
- E nestas rompeu a chover.