1. Quero que pintes o garaxe antes do inverno.

  2. O neno ficou sorprendido ao ver que o leite saía a fío polo ubre da vaca que estaba muxindo seu tío.

  3. Ao chegarmos a aquela curva, tivemos que facer unha viraxe bruscamente para evitarmos o choque contra un/o camión.
  4. Levantóuselle unha forte dor de cabeza ao saber que a súa filla quería casar e non tiña os cartos para lle dar o dote.
  5. Mentres arrolaba o berce do seu neto miraba con desacougo para o lume que se achegaba ameazadoramente á casa desde o cume do monte.
  6. A febre fora provocada pola farinxite que pillara uns días antes cando agatuñara case espido á árbore que estaba diante da súa casa.
  7. A aguia é unha ave que percorre o ceo voando e a anguía móvese sempre pola auga.
  8. Houbo que lle facer unha análise de sangue porque temiamos que tivese unha infección provocada pola ferida que fora consecuencia do couce daquel burro.
  9. Na ponte do Lérez Sara e Lucía Marsán pararon a mirar o fume que viña das fábricas que se vían no horizonte.
  10. De onde se saca o mel? Preguntas. Seica as abellas producen mel e tamén nas tendas venden mel de flores.
  11. Dáballe tanto noxo o sangue, que despois de ver aquel accidente estivo un bo anaco limpando o cuspe no pano de man.
  12. No cárcere da miña vila había un/unha personaxe que suscitaba a curiosidade de todos os veciños: cando calquera persoa pasaba por debaixo da súa fiestra sempre lle facía o sinal de que gardase silencio.
  13. Non permitas que o teu fillo colla o costume de meter o dedo no nariz.
  14. Ao baixar do barco, meteu o peixe no paxe e despois de facer a viaxe ata a cidade conseguiu vendelo todo pregoándoo polas rúas.
  15. A orixe da orde de desaloxamento non se sabe cal foi, mais ninguén discutiu a súa oportunidade.
  16. Hai que engraxar a engrenaxe desa maquinaria, porque renxe moito ao poñela en funcionamento.
  17. Gustaríame que me fixeses un labor: ir mercar o cal para pintar o teito dese cuarto antes da festa.
  18. Sempre souben que o teu irmán tiña unha arte especial para facer a augardente de herbas.
  19. O riso de Helena é entrañábel, é case tan atraente como o sorriso de Raquel.
  20. Todos eses teus problemas teñen a orixe, con seguridade, na túa teima por te peiteares sempre á moderna.
  21. Xa sei que a cor azul non lle gusta máis que a cor verde, mais iso non é razón para que toda a súa roupa sexa unicolor.
  22. Necesitei que me puxesen unha vendaxe na man porque a escordei onte mentres facía ximnasia no colexio.
  23. Todos á abordaxe!, berrou o capitán do barco ao tempo que el xa comezaba a correr.
  24. Mira a plumaxe desas pombas: cada unha ten unha cor diferente, nunca antes vira semellante variedade.
  25. Na última asemblea decidiuse por unanimidade darlle unha homenaxe ao noso vello profesor de galego.
  26. Ofendeuse a causa da énfase que o seu parente puña en defender perante el o seu maior inimigo.
  27. As eclipses de Sol e Lúa son fenómenos que se producen moi esporadicamente.