Dáse unha posíbel explicación, pode haber outras.

  1. Naquel sitio o sol quentaba mito.
  2. Iso é imposíbel.
  3. Xa podes irte preparado.
  4. Un sol abrasador.
  5. Desde a guerra non conseguiu sobreporse.
  6. A ese hai que lle dicir a verdade claramente calquera día.
  7. Déixao, que hoxe non ten humor para nada.
  8. Sempre se foi amañando co que lle daban os tíos e agora dá gusto velo.
  9. Cando viu que o caixeiro morreu, desapareceu.
  10. Mentres coidas das ovellas, eu vou beber á casa.
  11. Antes non se levaban ben, agora respéctanse unha á outra.
  12. Primeiro enganáronte e agora déixante tirado.
  13. Ese libro non ten interese aínda que o profesor o eloxiou moito.
  14. Creo que ese libro é moi vello.
  15. Deixa pasar uns anos e verás como todo desaparece, e acaba morrendo só.
  16. Como non cambie de actitude, vai levar un chasco.
  17. Curar, curaches; mais quedaches moi delgado.
  18. ¡Que barbaridade! Mellor che sería estares calado.
  19. Iso é unha trapallada, non interesa.
  20. Vai andando se queres, mais haiche un anaco bo.